O Monumento Natural Costa de Dexo ocupa un tramo costeiro comprendido entre os faros de Mera e o porto de Lorbé do concello de Oleiros (arredor de 11 km de costa), situado ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares-Betanzos e de A Coruña, no fondo do denominado Golfo Ártabro. Pertence na súa totalidade ao concello de Oleiros, cunha extensión de 270 hectáreas e o seu rango altitudinal vai dos cero aos 81 m sobre o nivel do mar.
Terra e mar combínanse na Costa de Dexo dando como resultado a existencia de fermosas paisaxes cheas de vida e nos que se reúnen destacados trazos xeomorfológicos e relevantes elementos de flora e fauna.
A paisaxe é o recurso por excelencia deste espazo natural que, xunto á súa riqueza biolóxica, fixo que se declarase Monumento Natural no ano 2000, polo que está integrado na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos. Forma parte tamén da Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación (ZEC), e constitúe unha das zonas núcleo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Dentro do monumento natural atópase a antiga casa do fareiro dos Faros de Mera, convertida grazas a un convenio firmado entre o municipio de Oleiros e a Fundación Arao na actual Aula do Mar: Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo. Ubícase nunha zona con grande valor natural, e que se convirte na porta natural e casi obrigada deste espazo protexido.
No seu interior alberga unha exposición interpretativa permanente, distribuida en dúas salas e dous miradores acristalados, un laboratorio, espazos para a proxección de audiovisuais, ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica. Cando o visitante accede á aula sorpréndese coa reproducción dunha batea, ou dunha furna na que pode sumerxirse, escoitar e ulir o mesmo que os animais que viven neste entorno. Pode, a continuación, gozar dos antigos focos do Faro de Mera, ou visualizar sobre unha foto aérea os principais elementos patrimoniais e puntos de interese do Monumento. A Aula do Mar actúa tamén como Centro de Recepción de visitantes do Monumento Natural ofrecendo un servizo de información que asesora sobre as condutas aconsellables dentro do espazo, as súas restriccións e posibilidades, e as zonas aconsellables para visitar, de maneira que o impacto sexa mínimo. Tamén oferta un servizo de guías para os colectivos que estén interesados.
.
Na actualidade, a xestión da Aula do Mar é responsabilidade da área de turismo do Concello de Oleiros. Consulta os seus horarios de visita.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org