• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro Planificación Interpretativa

Vostede está aquí

Obradoiro Planificación Interpretativa
Actividade presencial
Data
luns, 27 Setembro, 2021 a venres, 1 Outubro, 2021
Horario
  • 10 a 14 h. 
  • 16 a 19 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos

A Interpretación do Patrimonio é aquela parte da xestión que mellora a comunicación e relación cos visitantes aos espazos naturais e aos sitios históricos; é tamén o método idóneo para a comunicación cos destinatarios do turismo cultural, rural e de natureza.

Ao ser a Interpretación unha disciplina que aplica principios de comunicación estratéxica, a súa relación coas actividades turísticas e de ocio é evidente, pois permite revelar ao visitante e á cidadanía que goza do seu tempo libre, os valores, o significado e a esencia do lugar no que se atopa nese momento. Non obstante, a efectividade das intervencións interpretativas aumenta sustancialmente se é precedida por un proceso de Planificación Interpretativa, proceso que prevé os aspectos básicos da mensaxe a comunicar, os medios que servirán de soporte a esas mensaxes, e a organización dos servizos e programas para unha determinada zona.

Os obxectivos desta actividade formativa son:

  • Coñecer o proceso de Planificación Interpretativa, a súa teoría e os procedemientos.
  • Revisar as etapas e os distintos matices do proceso de Planificación.
  • Aplicar estas técnicas, na medida do posible, a un caso real (o Castelo de Santa Cruz), un lugar con valor patrimonial.
  • Elaborar propostas de intervención que poidan ser consideradas para un eventual Plan de Interpretación para ese lugar.
Dirixido a
  • Persoal da Administración vinculado a áreas de Cultura, Medio Ambiente e/ou Turismo.
  • Persoal de equipamentos de patrimonio natural ou cultural.
  • Empresas adicadas á difusión do patrimonio.
  • Especialistas en Interpretación do Patrimonio.
Imparte

Jorge Morales Miranda, intérprete do patrimonio, consultor e docente nesta materia. Experto en metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio.

Contidos
  • Revisión dos conceptos básicos de Interpretación do Patrimonio.
  • Análise do recurso, sitio ou área. O “potencial interpretativo”.
  • Análise de persoas usuarias.
  • Definición de mensaxes interpretativas.
  • Medios interpretativos:
    • Selección de medios.
  • Conceptos de Planificación Interpretativa:
    • O proceso de Planificación.
  • Etapas do proceso:
    • Anticipación, Punto de partida.
    • Obxectivos da planificación.
    • Recompilación da información.
    • Análise da información (recurso, destinatarios, obxectivos para a interpretación, contidos e medios).
    • Síntese da información e toma de decisións.
    • O Plan de Interpretación.
    • Execución do Plan.
    • Avaliación da Planificación.
  • Formulación de propostas para un lugar concreto (Castelo de Santa Cruz).
Requisitos

Imprescindible ter formación básica na disciplina da Interpretación do Patrimonio de alomenos 12 h.

Inscrición
  • Inscrición gratuíta.
  • 25 prazas, por riguroso orde de inscrición.
  • Diploma acreditativo para aquelas persoas que realicen alomenos o 80% das horas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio