• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conversas naturalistas: bolboretas, avelaíñas e libros

Vostede está aquí

Conversas naturalistas: bolboretas, avelaíñas e libros

Conversas naturalistas: bolboretas, avelaíñas e libros

Este mes de xuño o Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga organiza unha nova edición de Conversas Naturalistas, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa  biodiversidade nos seus diferentes ámbitos.

Esta segunda actividade estará centrada no mundo das bolboretas e das avelaíñas, e para achegarnos a elas contaremos coa presenza de Elia Pérez e Manu Cernadas do Grupo Naturalista Hábitat, con quen aprenderemos sobre a súa bioloxía, identificaremos algunhas das especies que se atopan na nosa contorna máis próxima, que precisamos para poder observalas... mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que os levaron a fascinarse polos lepidópteros, así como as lecturas que considera indispensables para iniciarnos nestes seres tan extraordinarios.

Elia Pérez é Xestora de actividades do G.N. Hábitat, Licenciada en Bioloxía pola Universidade da Coruña, e Máster en Biodiversidade pola Universidade Autónoma de Madrid centrado na Lepidopteroloxía. Ten participado en diferentes xornadas e congresos, entre os que destaca o Congreso Español de Entomoloxía do ano 2015, no cal expuxo o seu estudo “Influencia de las carreteras A-4 y R-4 en los lepidópteros de la Reserva Natural “El Regajal-Mar de Ontígola””.

Manu Cernadas é Informático de profesión e naturalista de vocación, implicouse activamente no G.N. Hábitat axudando na optimización informática dos procesos e técnicas desenvolvidas pola entidade nos seus estudos. Dende hai anos comparte con Elia a paixón polos lepidópteros dos que levan detectado case 600 especies diferentes nas mostraxes que realizan por todo o territorio galego.

A actividade terá lugar nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación, o vindeiro xoves, 30 de xuño, ás 19.30 h.

As prazas son limitadas. Reserva a túa praza no seguinte formulario:  

http://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio