• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro Creación Literaria e Natureza

Vostede está aquí

Obradoiro Creación Literaria e Natureza
Prazas limitadas!
Data
venres, 26 Maio, 2023 a sábado, 27 Maio, 2023
Lugar
  • Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, Oleiros).
  • Costa de Dexo (Oleiros)
Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos
  • Adquirir as ferramentas básicas necesarias para un achegamento literario creativo á natureza.
  • Coñecer as claves do ensaio naturalista.
  • Dar os primeiros pasos na composición de obras literarias naturalistas.
Dirixido a

Escritores/as, lectores/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores/as ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONG's ambientalistas, estudantes de literatura, universitarios/as e público xeral interesado.

Imparte

Antonio Sandoval Rey

Escritor, comunicador ambiental e ornitólogo, colabora de forma habitual con diferentes medios de comunicación, sobre todo co diario La Voz de Galicia, onde publica os seus artigos desde 1994 e pertence ao equipo do proxecto 'Prensa Escuela'. Escribe tamén en Revista LUZESRevista Salvaje ou El Ágora Diario del Agua, entre outros. Participou en diferentes obras colectivas sobre aves e natureza, así como no deseño e posta en marcha de infinidade de proxectos de educación e interpretación ambiental e de turismo ornitolóxico e de natureza. 

Entre a súa obra literaria destaca ¿Para qué sirven las aves?  (Tundra Ediciones, 2012), primeira obra de literatura ornitolóxica publicada en España; Las aves marinas de Estaca de Bares. Un diario personal (Tundra​, 2015); BirdFlyway. Un viaje en familia por "La Ruta de las Aves" (Lynx, 2016); o álbum ilustrado El árbol de la escuela (Kalandraka, 2016); La Torre (Kalandraka, 2018); DE PAJAREO, Rutas Ornitológicas por España (Geoplaneta, 2022); e como coautor Cuándo ver Aves en Galicia (Tundra, 2014).

Desde 2018 dirixe a colección 'Vitamina N - Lecturas ao natural' da editorial Kalandraka, e é membro do Observatorio Galego de Educación Ambental; e desde 2017, membro colaborador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Foi vicepresidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía  (SGO),  presidente do Grupo Naturalista Hábitat de A Coruña, e Coordinador do Grupo Ibérico de Aves Marinas (GIAM) da Sociedad Española de Ornitología -  SEO/BirdLife. Tamén escribiu numerosos artigos sobre ornitoloxía para publicacións científicas e xeneralistas, e participou na edición de revistas e boletínhs ornitolóxicos.

Programa

VENRES TARDE. Pazo de Lóngora. 17 – 19.30 h.

  • O xénero:
    • A Literatura de Natureza.
    • Un percorrido pola literatura de natureza: algunhas obras clásicas e recentes.
  • A escrita:
    • “Ferramentas de campo” para a escrita de natureza.
    • O caderno de campo literario: como tomar notas.
    • Como trasladar as túas experiencias ao papel.
    • A Costa de Dexo - Serantes: algunhas claves para a creación literaria.

SÁBADO MAÑÁ. Costa de Dexo. 9:00 - 14:00 h.

  • Visita ao Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo (Aula do mar) e percorrido guiado pola contorna.
  • Exercicio de escrita no Monumento Natural.
  • Posta en común: lecturas comentadas.
Material necesario

Caderno de notas, e material para escribir.

Na xornada de campo do sábado, ademáis: roupa e calzado axeitados, protección solar, comida e bebida para a media mañá, e unha manta ou similar para sentar con comodidade no campo, se fóra necesario.

Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio