• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conferencia 'Decrecemento e colapso', a cargo do escritor Carlos Taibo

Vostede está aquí

Conferencia 'Decrecemento e colapso', a cargo do escritor Carlos Taibo

Conferencia 'Decrecemento e colapso', a cargo do escritor Carlos Taibo

Prazas limitadas

O vindeiro   martes, 20 de xuño,  terá lugar na sede da nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, a conferencia  ‘Decrecemento e colapso’   a cargo do escritor   Carlos Taibo.

Taibo é un firme partidario da perspectiva do decrecemento, do movemento antiglobalización, da democracia directa, e da teoría do colapso. Durante a súa intervención reflexionará sobre estas e outras cuestións que recolle en moitos dos seus libros.

Os límites ambientais e de recursos do planeta obrigan a concluir que no Norte rico temos que reducir os niveis de produción e de consumo. Pero desde a perspetiva do decrecemento, temos que facer algo máis: recuperar a vida social que fomos perdendo, desenvolver formas de ocio creativo, repartir o traballo, reducir o tamaño de moitas das infraestruturas que hoxe empregamos, restaurar a vida local e, en definitiva, apostar pola sobriedade e a sinxeleza voluntarias. Esas tarefas son urxentes porque fenómenos como as mudanzas climáticas e o esgotamento das materias primas enerxéticas obrigan a considerar seriamente o risco dun colapso xeral do sistema que padecemos.

Sobre Carlos Taibo

Profesor xubilado, impartiu clases de Ciencia Política durante trinta anos na Universidad Autónoma de Madrid. É autor dunha ducia de libros sobre a crise ecolóxica nas súas diferentes manifestacións. Entre os títulos cabe destacar Ecofascismo: una introducción (Catarata, 2022), Decrecimiento: una propuesta razonada (Alianza, 2021), Iberia vaciada: despoblación, crecimiento, colapso (Catarata, 2021), Decrecemento: construindo alternativa (Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galza O Bierzo, 2021), Colapso (Catarata, 2020), El decrecimiento explicado con sencillez  (Catarata, 2011),   ou   En defensa del decrecimiento: sobre capitalismo, crisis y barbarie  (Catarata, 2010), entre outros.

O acto terá lugar nas   antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora ás 19 h.    Como o aforo é limitado, agradécese   confirmar asistencia   no seguinte    FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio