• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Encontros Axenda 2030: conservando as paisaxes para a natureza e as persoas

Vostede está aquí

Encontros Axenda 2030: conservando as paisaxes para a natureza e as persoas
Prazas limitadas!
Data
venres, 24 Novembro, 2023
Horario

De 11 a 13 h.

Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros) - Sesión presencial.
  • Plataforma Zoom - Sesión online.
Organiza

CEIDA

Colabora

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos
  • Reflexionar e traballar a prol da consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
  • Salientar a importancia e a necesidade de conservar o noso patrimonio natural.
  • Aprender a través da experiencia de persoas que levan moitos anos traballando neste ámbito dende distintas entidades.
  • Coñecer os servizos ambientais que nos aporta a natureza.
  • Entender a relación entre paisaxe e ser humano.
Dirixido a

Todos os públicos.

Relatores
  • Miquel Rafa Fornieles

Director de Territorio e Medio Ambiente da Fundación Catalunya-La Pedrera onde traballa desde 1998. Biólogo, especialista en conservación da natureza con unha experiencia de más de 30 anos en ONGs conservacionistas en Cataluña e a nivel internacional (DEPANA, WWF, IUCN, EUROSITE, UIAA, etc.). Presidente do Consello de Protección da Natureza de Cataluña e membro da Comisión Mundial de Áreas Protexidas da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN – WCPA). Ten colaborado en numerosos programas de radio e televisión como comunicador da natureza. É un apaixonado alpinista e ten escalado picos nos Pirineos, Alpes, Andes e Himalaya e ten viaxado a numerosas áreas naturais ao redor do mundo en busca da vida salvaxe.

 

  • Jordi Sargatal Vicens

Desde o ano 1972 dedícase ao estudo da natureza, especialmente das aves, as zonas húmidas e a xestión do territorio en xeral. De 1976 a 1983, participou activamente na campaña de defensa da zona de Aiguamolls de l’Empordà, que vai culminar na creación do Parque Natural. En 1982 comeza a dirixir o Servizo de Control de Mosquitos da Badía de Roses i Baix Ter hasta finais de 1984. Foi director do Parque Natural de Aiguamolls de l’Empordà durante 14 anos. Desde 1998 ata febreiro de 2009, foi director da Fundación Territori i Paisatge, entidade desde a que vai promover a conservación da natureza, sobre todo mediante a adquisición de zonas de interese. Na actualidade é director do Grupo Mascort, dedicado ao turismo sostible e a xestión do Patrimonio Natural e Cultural. Ten publicado numerosos libros, entre os que destaca o Handbook of the Birds of the World como coeditor, unha obra de 17 volumes que trata en detalle as 10.000 especies de aves do mundo. Foi presidente da Institución Catalana de Historia Natural, preside a Asociación de Amigos do Parque Natural de Aiguamolls de l’Empordà e é membro da Xunta de SEO/BirdLife e do Clube de Roma.

Programa
  • 11.00 h. Inauguración D. Carlos Vales Vázquez. . Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia CEIDA.
  • 11.15 h. Educación y seducción ambiental. D. Jordi Sargatal i Vicens . Director General del Grupo Mascort.
  • 11.45 h. Conservación de la naturaleza : paisajes , naturaleza y personas D. Miquel Rafa Fornieles . Director de Territorio e Medio Ambiente de la Fundación Catalunya La Pedrera.
  • 12.15 h. Diálogo sobre: Conservando los paisajes para la naturaleza y las personas: 
    • Jordi Sargatal i Vicens.
    • Miquel Rafa Fornieles.
    • Carlos Vales Vázquez.
Inscrición
  • Posibilidade de inscribirse na sesión presencial ou na sesión online.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio