Cada 24 de outubro o Ministerio de Cultura, a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, espazos abertos e "aptos para todos os públicos" que este 2024 leva o lema 'Por un fututuro sostible'. A través das súas coleccións, servizos e actividades, as bibliotecas constribúen a unha sociedade mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras. Todas elas, por tanto, desempleñan un papel fundamental na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e da Axenda 2023.
Con motivo desta celebración, o CEIDA levará a cabo o vindeiro xoves, 24 de outubro, na súa biblioteca e centro de documentación ambiental dúas actividades:
Ambas actividadades terán lugar na sede da biblioteca e centro de documentación ambiental: Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora. Rúa Casares Quiroga, 29. Liáns (Oleiros).
RESERVA DE PRAZAS: como o aforo é limitado, agradécese confirmar asistencia a través do formulario ou no teléfono 981 630 618.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org