• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'Cambio climático y ecoansiedad' de Teresa Franquesa

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Cambio climático y ecoansiedad' de Teresa Franquesa

Presentación do libro 'Cambio climático y ecoansiedad' de Teresa Franquesa

Aforo limitado

A bióloga e escritora  Teresa Franquesa Codinach,  visitará a nosa biblioteca e centro de documentación ambiental para presentar o libro   Cambio climático  y ecoansiedad , unha obra divulgativa que explora de maneira clara e comprensible a crise climática e as emocións asociadas para axudarnos a comprendelas e enfrontarnos a elas. O acto contará cun diálogo co profesor da Universidade de Santiago de Compostela   Pablo Meira Cartea.

Sobre  a autora, Teresa Franquesa Codinach

Doutora en Ciencias Biolóxicas e Máster en Psicoloxía Social, a súa traxectoria profesional desenvolveuse en torno á interrelación entre as persoas e o medio ambiente, desde diversas perspectivas: a comunicación científica, a ordenación do territorio, a xestión, a planificación estratéxica e, en particular, a educación ambiental, ámbito no que é un referente, especialmente en Cataluña. Cofundadora da Sociedad Catalana de Educación Ambiental (SCEA) e activa en varias entidades ambientais, no ámbito social ofrece apoio como coach e mentora a mulleres e xóvenes. 

Liderou proxectos de importante impacto como o Plan de Educación Ambiental e Voluntariado do Parc de Collserolla, a Guia de actividades Hàbitat, a Guia per fer l’Ecoauditoria del Centre Educatiu, ou o recoñecido programa Escoles + Sostenibles de Barcelona (inicialmente, A21 Escolar).  Do 2000 ao 2020 traballa no Ajuntament de Barcelona impulsando a Axenda 21 (Compromís Ciutadà per la Sostenibilitat), a Xarxa d’organitzacions Barcelona + Sostenible, o Pla Clima 2030 ou o Pla Canviem pel Clima. 

 Ten escrito, dirixido e coordinado numerosas publicacións sobre natureza, medio ambiente e educación , así como narrativa (Materia viva,  XLIV Premio Joaquim Ruyra, 2009) ou literatura infantil (coautora de Salvajes en la ciudad,   Editorial Combel, 2022).

 

Sobre Pablo Meira Cartea

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Premio Extraordinario de Doutoramento na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (1991-1992). Premio María Barbeito de Investigación Pedagóxica (2009) polo Proxecto Fénix. Diagnóstico e proceso de actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Premio José Manuel Esteve ao mellor artigo científico de contido pedagóxico (2021). Profesor na USC dende 1989, actualmente imparte a materia de Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade nos graos de Educación Social e Pedagoxía. Ten dirixido máis de 20 teses doutorais relacionadas cos ámbitos da pedagoxía social e a educación ambiental. Pertence ao grupo de investigación SEPA-interea (GI-1447) liderando diferentes proxectos e contratos de investigación no campo educativo-ambiental, principalmente relacionados coas respostas sociais e educativas á crise climática. É creador e coordinador do Proxecto Resclima  (www.resclima.info).

 

Sobre o libro

A palabra   ecoansiedade   popularizouse na última década para describir as respostas emocionais relacionadas coa crise ecolóxica, especialmente ao cambio climático. Non se trata dun trastorno, nin unha patoloxía, refírese a emocións difíciles que moitas persoas experimentamos ao ser conscientes dos problemas ambientais, unha resposta emocional normal a unha situación anormal. Afecta a persoas de todas as idades, aínda que é especialmente relevante para os xóvenes, que sinten que deberán enfrontarse ás consecuencias máis graves do cambio climático e a degradación ambiental ao longo das súas vidas.

Este libro explora a crise climática e as emocións asociadas a ela para axudarnos a comprendelas e a enfrontalas. En lugar de permitir que a ecoansiedade nos consuma, podemos mirala de cara e escoitar a súa chamada para atopar formas produtivas de responder ao desafío. Desde estratexias persoais ata accións globais, este libro suxire respostas prácticas, convidando a cada cal a asumir a súa propia responsabilidade e a participar na construción do futuro. Porque aínda estamos a tempo.

O acto de presentación terá lugar o   vindeiro xoves, 12 de decembro, ás 19 horas,   nas antigas cabalarizas do   Pazo de Lóngora.

O   aforo é limitado,   polo que agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio