• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Encontros Axenda 2030: Humidais e Biodiversidade

Vostede está aquí

Encontros Axenda 2030: Humidais e Biodiversidade
Prazas limitadas
Data
venres, 25 Abril, 2025
Horario

10 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos

A última semana de abril o CEIDA acollerá a Reunión dos antigos membros do Comité RAMSAR España en Galicia. Un comité creado co fin de facilitar as labores de coordinación das actuacións que en materia de conservación e xestión das zonas húmidas se levan a cabo no territorio nacional, de acordo ao espíritu do Convenio Ramsar, o tratado internacional para a conservación dos humidais, e que inclúe representantes das diferentes Comunidades Autónomas.

Aproveitando a estancia de ditos membros en Galicia, O CEIDA organiza unha xornada aberta a todos os públicos, Os Encontros 2030 'Humidais e Biodiversidade', coa que pretende:

  • Reflexionar e traballar a prol da consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
  • Salientar a importancia e a necesidade de conservar o noso patrimonio natural.
  • Dar a coñecer o valor das zonas húmidas e o seu papel para a conservación de hábitats e especies, así como os seus desafíos e oportunidades.
  • Aprender a través da experiencia de persoas que levan moitos anos traballando neste ámbito dende distintas entidades.
Dirixido a

Todos os públicos.

PROGRAMA
  • 10.00 h. Benvida institucional e presentación da xornada.
  • 10.30 h. Conferencia inaugural: Humidais: valores, desafíos e oportunidades. Dna. Magdalena Bernués. Servicio de Conservación de Humedales. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
  • 11.30 h. Descanso.
  • 12.00 h. Aprendendo sobre as aves:
    • Que sabes do Falcón de Eleonora?. D. Joan Mayol Serra. Biólogo e escritor.
    • Cantan os paxaros por ter un cromosoma extraordinario?. D. Carlos García de la Vega. Profesor Titular de Xenética. Universidade Autónoma de Madrid.
Inscrición
  • Actividade gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio