• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Presentación do libro 'Arriesgar es lo natural' de Katia Hueso

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Arriesgar es lo natural' de Katia Hueso

Presentación do libro 'Arriesgar es lo natural' de Katia Hueso

O vindeiro xoves,   26   de novembro, ás 19 horas,  presentamos   Arriegar es lo natural,  da bióloga, docente e escritora   Katia Hueso.   Unha lectura de especial interese para familias e profesionais da educación que nos convida a reflexionar sobre a importancia de permitir que a infancia e adolescencia asuman riscos, exploren e experimenten, favorecendo a súa autonomía, confianza e desenvolvemento persoal.

Durante o acto, a escritora estará acompañada pola educadora na natureza e presidenta da Fundación Amadahi    Paz Gonçanves. 

Sobre a obra

Segundo as estatísticas, o mundo é un lugar máis seguro que hai cincuenta anos. A pesar diso, as leis, as políticas e a sociedade demandan o risco cero en calquera actividade, contorna ou situación para os nosos fillos. Pero pensémolo: é isto bo para eles?

Criar, educar aos nenos e nenas entre algodóns fainos máis fráxiles que nunca. Se nos asusta mandalos sós a comprar o pan, que sucederá cando teñan que facer a súa primeira viaxe sós ou superar algún contratempo na rúa?

Arriscar es lo natural  busca poñer en valor o lado bo do risco, aquel que nos achega beneficios na vida familiar e persoal, e propón un cambio de ollada para que poidamos velo como unha oportunidade de crecemento e desenvolvemento, como un contrapunto positivo á idea de perigo.

Desde o nacemento á adolescencia e máis aló, a vida cotiá é un constante desafío —polo xeral, de baixa intensidade—, cheo de aprendizaxes útiles que teñen que ver con como agrandamos os límites da nosa zona de confort. Este non é un libro técnico sobre o cálculo de riscos, tampouco un canto á adrenalina e á temeridade. A exposición ao risco require de preparación, anticipación e capacidade de reacción, tamén de intuición e experiencia. Todas elas son ferramentas que se poden entrenar e cultivar, e nestas páxinas Katia Hueso móstranos como facelo para preparar aos nosos fillos e fillas para unha vida na que, sen dúbida, tarde ou cedo expoñeranse ao risco. Estariamos a facer abandono de responsabilidade se non permitimos que esas habilidades se adquiran desde a máis tenra infancia.

Está dirixido a calquera persoa interesada, aínda que resultará especialmente útil para as familias e para as persoas vinculadas ao ámbito da educación, o benestar, o traballo social ou o acompañamento da infancia e da mocidade.

Sobre a autora, Katia Hueso

Katia Hueso é nai, bióloga, e apaixonada da natureza. Traballa como consultora, formadora e docente en temas de medio ambiente, conservación da natureza e desenvolvemento sostible, con experiencia profesional en Europa, África, América e Asia. É profesora asociada da Universidade Pontificia Comillas, onde investiga sobre calidade ambiental e conservación de paisaxes culturais. No ano 2011, cofundou a primeira escola infantil moderna na natureza en España, a Escola Saltamontes, e pouco despois, a iniciativa Naturaleza Inclusiva.

Entre as súas publicacións destacan os libros “Somos naturaleza” (2017), “Jugar al aire libre” (2019), “Educar en la naturaleza” (2021) y “La naturaleza que nos cuida” (2024). En 2026 publica o seu último traballo, “Arriesgar es lo natural”, todos eles publicados por Plataforma Editorial.

Sobre Paz Gonçalvez

Paz Gonçalves López é presidenta da Fundación Amadahi, entidade xurdida tras máis de dez anos de experiencia da escola Amadahi, referente en educación na natureza en Galicia. Mestra con 36 anos de traxectoria profesional e profesora asociada na Universidade da Coruña, centra a súa labor na relación entre infancia, natureza, saúde e benestar. Impulsa proxectos de investigación, formación docente e innovación educativa con impacto social e ambiental.

Acto de presentación

O acto de presentación terá lugar o    xoves, 26 de novembro, ás 19 horas, nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede da biblioteca e centro de documentación ambiental. 

Agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio