• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Condicións xerais para a cesión das exposicións

Vostede está aquí

  1. O período normal de préstamo é de 3 semanas (inclusive os días de traslado). Cabe a posibilidade de ampliar este período en función das necesidades da entidade solicitante e das posibilidades do calendario de préstamo.
  2. A cesión da exposición é gratuíta. Os portes de transporte, carga e descarga, montaxe e desmontaxe son por conta da entidade solicitante. Deberá usarse un vehículo de transporte no que se asegure o correcto traslado da exposición.
  3. A entidade solicitante debe enviar, debidamente cumprimentado, o formulario de solicitude. Non se considerará en firme ningunha petición ata a recepción deste formulario. A reserva será por rigoroso orden de chegada da solicitude.
  4. A entidade solicitante recibirá confirmación das datas asignadas. O CEIDA reservase o dereito de anular a cesión da exposición nas datas asignadas por causa que así o xustifique.
  5. As datas e o horario de entrega e devolución da exposición serán confirmadas polo CEIDA á entidade solicitante e deberán cumprirse estrictamente. A entrega e a devolución será no CEIDA Castelo de Santa Cruz, s/n 15179 Liáns – Oleiros A Coruña, en horario de 9 a 14 horas.
  6. A exposición cedida será retirada e entregada no CEIDA por persoal debidamente acreditado, mediante a firma dunha acta de entrega / devolución, na que se indicaran os módulos cedidos. No caso de producirse algunha incidencia, incluirase unha nota sobre ela na citada acta.
  7. Trala devolución, revisarase polo miúdo o estado de todo o material cedido. En caso do deterioro ou extravío dalgún material, o CEIDA comunicarallo á entidade solicitante, nun prazo máximo de cinco días hábiles a partir da data de devolución da exposición.
  8. A entidade solicitante farase responsable mediante documento escrito de todos os materias que compoñen a exposición durante o período de cesión. No caso de que algún dos materiais sufrira algún desperfecto ou extravío durante o traslado ou exposición, a entidade solicitante comprométese ao abono do valor correspondente para a súa reparación ou reposición.
  9. Todos os danos ou extravíos, independentemente que se produciran nos traslados ou durante o período de exposición, deberán ser comunicados inmediatamente ao CEIDA, por teléfono e fax ou e-mail, que decidirá o lugar e o xeito da súa reparación ou reposición.
  10. Todo aquel material escrito, gráfico e/ou publicitario que se realice con motivo da exposición deberá facer mención ao CEIDA e a inclusión, de xeito perfectamente visible, do seu logotipo.
  11. No momento da devolución da exposición, a entidade adxudicataria comprométese a entregar en man, por fax ou e-mail:
    • Ficha de valoración debidamente cumprimentada
    • Dossier fotográfico da exposición en formato dixital
    • Documentación e información xerada pola mostra da exposición (carteis, trípticos, dossier de prensa, ...)
  12. O incumprimento de calquera destas condicións supón a anulación do préstamo da exposición ou doutras exposicións solicitadas.

Cláusula de exención de responsabilidade:

Mediante a presente cláusula, o CEIDA manifesta que non asume ningún tipo de responsabilidade en relación aos posibles danos materiais e/ou persoais e/ou prexuízos consecuenciais que os materiais da exposición poidan causar a terceiros durante o período de exposición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio