Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
A Educación Ambiental revélase na actualidade como unha complexa amalgama de teorías e prácticas que abordan dende diferentes puntos de vista a concepción de educación, de medio ambiente ou de desenvolvemento social e económico. Unha imbricada rede de enfoques ideolóxicos e metodolóxicos que se foi tecendo en catro décadas de historia, cos seus respectivos conflitos de intereses.
Asumindo como certeza a existencia dunha crise ambiental planetaria, neste curso formativo proponse reflexionar sobre o papel da Educación Ambiental no actual escenario, para avanzar colectivamente no deseño de proxectos e intervencións que aposten por unha Educación Ambiental decrecentista.
Os obxectivos que persegue esta formación son:
Educadoras/es ambientais, educadoras/es sociais, dinamizadores culturais, técnicos/as municipais, profesionais do ámbito da xestión ambiental, profesorado, estudantes e público interesado.
Todas as sesións desenvolveranse a través de dinámicas participativas.
Miguel Pardellas
Licenciado en CC. Ambientales pola Universidad de Salamanca e doutor en CC. da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Ate a data, a relación entre a Educación Ambiental, a Participación Social e os Movementos Sociais teñen centrado a súa actividade investigadora, con especial protagonismo do movemento ecoloxista e, máis recentemente, do movemento das comunidades en transición (transition towns) e do decrecemento. As temáticas sinaladas deron lugar a varios traballos, tanto para a súa publicación en revistas de ámbito científico como para outras de carácter divulgativo. A súa actividade profesional está ligada fundamentalmente ao terceiro sector e á Universidade, coordinando proxectos, organizando eventos, redactando documentos estratéxicos, xestionando equipos de traballo e traballando directa e indirectamente coas administracións locais e autonómicas. Paralelamente, por cuestiones laborais pero tamén por activismo, participa en varias redes a nivel estatal en relación aos campos da Educación Ambiental, o Ecoloxismo e a Participación. Na actualidade compaxina proxectos de investigación na Universidade de Santiago de Compostela co traballo como autónomo no asesoramento e coordinación de concellos e entidades sociais para o impulso dunha participación equitativa e sustentábel.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org