10 - 14 h.
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Asociación Galega de Apicultura (AGA)
CEIDA
Responsables políticos e técnicos das Administracións locais; grupos de desenvolvemento rural e outras entidades locais; apicultores; educadores ambientais, naturalistas, biólogos; profesionais; público xeral interesado.
A Vespa velutina é unha especie exótica invasora presente en Galicia dende o ano 2012 en continua e rápida expansión, chegando este ano a ocupar prácticamente todo o territorio galego. Ten un comportamento moi depredador e voraz, e aliméntase principalmente de insectos polinizadores (entre outros as abellas) e de froitas, polo que supón un grave problema ambiental que afecta a toda a sociedade, incluso á propia seguridade das persoas ante os posibles ataques desta especie en determinadas circunstancias. Para enfrentarse a esta situación requírese un plan de actuación global e coordinado dende as Administracións Públicas.
O sector apícola considera que a mellor ferramenta que temos a disposición actualmente é o trampeo preventivo e primaveral, para deter a corto prazo os danos que causa a Vespa velutina. Este trampeo baséase na captura de raíñas na primavera, evitando así a formación de niños, que poden chegar a ter 18.000 individuos, e minimizando así o seu impacto posterior. A efectividade do trampeo está claramente condicionada a que este se faga non só nos apiarios, como se leva promocionado ata agora, senón tamén noutras zonas, como en zonas periurbanas e núcleos de poboación (onde as velutinas comezan coa construción dos niños primarios debido ao calor e ao resguardo das inclemencias), e tamén ás zonas rurais que non sexan necesariamente explotacións apícolas. Cunha boa planificación preventiva na primavera pódense reducir de maneira significativa os custes e esforzos adicados despois á retirada de niños no verán.
Co obxectivo de ofrecer información e formación actualizada e útil para que os concellos poidan colaborar na loita contra esta praga, o CEIDA grazas á iniciativa da Asociación Galega da Apicultura, organiza esta xornada na que se exporá cal é a situación actual da Vespa velutina e o seu impacto en Galicia, así como os métodos de loita que se poden desenvolver dende os propios concellos, e as ferramentas dispoñibles na actualidade.
10.00 h. Inauguración
10.30–12 h. Mesa redonda:
12.00–12.30 h. Pausa - café
12.30–14 h. Mesa redonda:
14.00 h. Clausura.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org