De 19 a 20 horas.
Actividade online, realizada a través da plataforma Zoom
CEIDA
A costa galega é un dos lugares do planeta nos que de maneira máis obvia conflúen de maneira relevante actividades como a pesqueira, marítima, portuaria ou turística cunha rica biodiversidade e, ao mesmo tempo, cun importante historial de catástrofes ambientais no medio mariño.
En concreto, este territorio posúe unha especial relevancia para a conservación das poboacións europeas e globais dun importante número de especies ameazadas, protexidas a nivel legal mediante a declaración de divesas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) no medio mariño e litoral.
Ao longo de 2019 o CEIDA desenvolveu o proxecto Aves Ártabras co obxectivo de establecer as bases para a declaración dunha destas áreas no Golfo Ártabro, e en 2021, novamente co apoio da Fundación Biodiversidad a través do Programa pleamar, levará a cabo o proxecto ARTABRO2, na procura de avanzar na xestión integral das ZEPAs da costa coruñesa.
Inscrición previa
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org