• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso de Introdución á Bioloxía Mariña para Mergulladores

Vostede está aquí

Curso de Introdución á Bioloxía Mariña para Mergulladores
Prazas limitadas
Data
venres, 1 Marzo, 2024 a sábado, 2 Marzo, 2024
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Buceo Galicia
Patrocina

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos
  • Comprender o medio no que se desenvolve o mergullo en Galicia.
  • Identificar os grandes grupos de seres vivos que nos acompañan nas inmersións.
  • Crear unha actitude de respecto cara aos habitantes do mar.
  • Inculcar un xeito de mergullo seguro.
  • Sementar coñecementos básicos de ecoloxía mariña.
Dirixido a

Calquera que se bote á auga! Fundamental: DISFRUTAR!

Metodoloxía
  • Coloquios e charlas multimedia dos temas xerais.
  • Inmersións virtuais coa fauna e flora que atoparemos nas inmersións.
  • Inmersión guiada por monitores da escola.
  • As crebas: unha fonte de información.
  • Aproximación a unha Guía da fauna e flora da nosa costa.
Coordinación

Alejandro Martín. Instructor de Buceo científico da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas (CMAS).

Monitores
  • Salvador Fojón. Instructor de Buceo científico CMAS.
  • Gonzalo Montoto. Instructor de Buceo científico CMAS.
Programa

Venres, 1 de marzo.

De 18 a 21 horas: contidos teóricos. Castelo de Santa Cruz.

  • Introdución ecolóxica, un pouco de todo, para entendermos:
    • Xeoloxía.
    • Fauna e flora.
    • Ecoloxía do medio mariño.
  • Inmersión virtual.
  • Preparación da inmersión.

 

Sábado, 2 de marzo: 

10 h.-14 h.Mergullo organizado por Buceo Galicia.  PRAZAS ESGOTADAS NA ACTIVIDADE DE MERGULLO

16 -18 horas: continuación dos  contidos  teóricos. Castelo de Santa Cruz:

  • Seguridade e repecto: sentidiño.
  • A crise ecolóxica contemporánea e o mar.
  • As crebas: unha fonte de información.
  • Aproximación a unha guía da fauna e flora das nosas costas.
Inscrición

Imprescindible inscrición previa. Dúas modalidades de asistencia:

  • Sesións teóricas (gratuitas).
  • Sesións teóricas (gratuitas) + mergullo (de pago). PRAZAS ESGOTADAS NESTA MODALIDADE

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio