• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Diálogos Humboldt: os retos ambientais á luz das súas contribucións

Vostede está aquí

Diálogos Humboldt: os retos ambientais á luz das súas contribucións
Prazas limitadas!
Data
martes, 28 Maio, 2024
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Autoridade Portuaria da Coruña
Obxectivos
  • Dar a coñecer a figura de Humboldt como un dos naturalistas máis importantes dos séculos XVIII – XIX.
  • Definir a súa figura como clave para a cidade da Coruña, en base á súa aventura científica.
  • Reforzar a importancia das ciencias naturais como elemento clave do século XXI.
  • Poñer en valor a súa relevancia como exemplo de cara á conservación do noso patrimonio natural.
  • Fomentar a reflexión sobre o estado actual do medio ambiente na nosa contorna.
  • Favorecer o intercambio e a colaboración entre persoas, entidades e institucións.
  • Orientar ó intercambio científico e cultural.
Dirixido a

Todos os públicos.

Programa

10.00 h. Benvida Institucional:

  • D. Martín Fernández Prado, Presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña.
  • D. Carlos Vales Vázquez, Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA.
  • D. Xosé A. Fraga Vázquez, Historiador e Divulgador da Ciencia.

 

10.30 h. BLOQUE I: COÑECENDO A HUMBOLDT
Modera: D. Xosé A. Fraga Vázquez, Historiador e Divulgador da Ciencia.

  • A Europa de Humboldt e a cuestión esclavista. D. Luis Alonso Álvarez, Catedrático Emérito de Historia Económica da Universidade da Coruña
  • Humboldt na Habana e as súas viaxes en Cuba. Novas investigacións. D. Michael Zeuske, Profesor Investigador Senior da Universidade de Bonn - Alemaña

12.00 h.- Pausa café

12.30 h. BLOQUE II: AS RESERVAS DA BIOSFERA, ÁREAS PROTECTORAS.
Un instrumento de conservación para o desenvolvemento do territorio.
Modera: D. Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA

  • D. Francisco Cantos Mengs. Área de Relacións Internacionais e Reservas da Biosfera, Organismo Autónomo Parques Nacionales. Secretario do Comité Español Programa MaB - España.
  • D. Pablo Ramil Rego. Secretario do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB da UNESCO.
  • D. Diego López Pedreira. Equipo Técnico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio