• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Encontros Axenda 2030: Saúde e Benestar Humano

Vostede está aquí

Encontros Axenda 2030: Saúde e Benestar Humano
Prazas limitadas!
Data
venres, 23 Febreiro, 2024
Horario

De 11 a 13 h.

Lugar
  • Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Pazo de Lóngora. Rúa Casares Quiroga, 29. Liáns (Oleiros)  - Sesión presencial.
  • Plataforma Zoom - Sesión online.
Organiza

CEIDA

Colabora

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos
  • Reflexionar e traballar a prol da consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
  • Salientar a importancia e a necesidade de conservar o noso patrimonio natural.
  • Concienciar sobre a relación directa entre o estado da natureza e a nosa saúde.
  • Aprender a través da experiencia de persoas que levan moitos anos traballando neste ámbito dende distintas entidades.
  • Coñecer os servizos ambientais que nos aporta a natureza.
  • Entender a relación entre saúde e benestar humano.
Dirixido a

Todos os públicos.

Relatores
  • Fernando Valladares Ros

Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid e profesor de investigación do CSIC, onde dirixe o grupo de Ecoloxía e Cambio Global no Museo Nacional de Ciencias Naturais. É, ademáis, profesor asociado da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. Publicou máis de 450 artigos científicos e libros en ecoloxía e bioloxía vexetal sendo un científico altamente citado na área de Ecoloxía e Medio Ambiente (atópase desde 2016 entre o 1% de científicos máis citados do mundo cun índice H de 85).

Actualmente é vicepresidente da Sociedad Ibérica de Ecología. A súa investigación está centrada nos impactos do cambio global nos ecosistemas terrestres e nos mecanismos de tolerancia e supervivencia a condicións ambientais extremas.

Contribúe semanalmente en numerosos medios de comunicación, realiza diariamente unha activa divulgación científica directa nas súas canles de “La salud de la Humanidad” en Youtube, Twitter, Instagram e Facebook, é responsable da sección Ciencia Critica de eldiario.es e escribe de forma habitual en diversos xornais como en The Conversation-España. Mantivo o blog Planeta Mutante no xornal Público entre 2011 e 2013.

En 2020 recibiu o premio de transparencia informativa da Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA), a Distinción Ecosistemas Luis Balaguer da Asociación Española de Ecología Terrestre (AEET), o Climate Leader Award na categoría de Investigación e Educación concedido polo Climate Reality Project-España, e o Premio Adenex (Asociación para la Defensa de la Naturaleza y los Recursos de Extremadura) na categoría Científica.

  • Alejandro Madrigal Fernández

É un líder mundial na área de inmunoxenética, terapia celular e trasplante de células nai. Estudou medicina na Universidad Nacional Autónoma de México, obtivo unha bolsa da OMS para estudar en Harvard. Posteriormente foi bolsado pola Institución británica Imperial Cancer Research para realizar estudos de doutourado en xenética molecular nas Universidades de Londres e de Oxford.

Director Científico e fundador do Instituto de Investigación Anthony Nolan, en Inglaterra, enfocado principalmente ao estudo e mellora dos factores que afectan aos transplantes de médula ósea. Catedrático Titular do Departamento de Hematoloxía na Royal Free Hospital, da Universidade de Londres (UCL).

Publicou 570 artigos e recibiu varios honoris causa, premios e galardóns entre os que destacan o Premio EBMT Stockton e o Premio Internacional de Bolsas pola Sociedad Americana de Histocompatibilidade (ASHI). En 2019 foi nomeado Embaixador de Boa Vontade da Reserva Mundial de la Biosfera La Palma. En 2022 foi condecorado como Oficial da Orde do Imperio Británico por Isabel II en recoñecemento dos servizos en hematoloxía, trasplante de células nai e investigación para o cancro. Publicou dúas novelas (NosotrosDías de Rabia), toca o violín, escribe, recita poesía, e correu tres maratóns.

Programa
  • 11.00 h. Inauguración. D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA.
  • 11.15 h. A Saúde e o Benestar Humano. O Papel do Sistema Inmune na Saúde e o Cancro. D. Alejandro Madrigal. 
  • 11.45 h. A Saúde Planetaria. D. Fernando Valladares . 
  • 12.15 h. Diálogo sobre: Saúde e Benestar Humano. D. Alejandro Madrigal, D. Fernando Valladares, D. Carlos Vales Vázquez.
Inscrición
  • Posibilidade de inscribirse na sesión presencial ou na sesión online.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio