19 a 21 h.
Sala de Conferencias do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros).
CEIDA
Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
Esta cuarta xornada de mulleres relevantes centrarase na figura de Fanny Garrido (A Coruña, 30 outubro 1842 - Oleiros, 16 outubro 1881): escritora e intelectual recoñecida pola súa cultura, esposa do compositor Marcial de Adalid que viviu no Pazo de Lóngora de Liáns, poboación da que tomou o nome para o seu pseudónimo, 'Eulalia de Liáns'. En canto á súa obra, colaborou con varias publicacións como 'Galicia' ou 'El correo de Madrid'. Publicou a súa primeira novela, de corte autobiográfico, 'Escaramuzas', en 1885, e a súa segunda novela, 'La madre de Paco Pardo', catro anos máis tarde. Unha das súas novelas, 'Batallas' permanecerá inédita. Destacou tamén polas súas traducións ao alemán de autores como Heine e especialmente de Goethe.
19.00 h. Benvida e presentación:
19.30 h. Charla Coloquio entorno á figura de Fanny Garrido, con interpretación de pezas compostas por Marcial de Adalid e con letras de Fanny Garrido.
21.00 h. Despedida e peche da actividade.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org