• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Humidais para un Futuro Urbano Sostible: Celebración do Día Mundial dos Humidais na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Vostede está aquí

Humidais para un Futuro Urbano Sostible: Celebración do Día Mundial dos Humidais na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Data
sábado, 3 Febreiro, 2018
Horario

9.45 h. - 14 h.

Lugar

Salón de Plenos do Concello de Sada

Organiza
  • Concello de Sada
  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • CEIDA
Obxectivos

Cada ano, a Convención de Ramsar sobre os Humidais celebra o Día Mundial dos Humidais o 2 de febreiro para crear conciencia en todo o mundo sobre a importancia destes e a necesidade de conservalos e utilizalos de forma racional.

Os humidais abarcan diversos tipos de ecosistemas tales como lagos, chairas aluviais de inundación e manglares costeiros, entre outros, e brindan toda unha variedade de servizos importantes para as persoas e o medio ambiente. Actúan como barreiras naturais fronte aos desastres, polo que son valiosos para protexer ás comunidades que presentan un maior risco e son máis vulnerables para os efectos devastadores das inundacións, secas e mareas de tempestade.

Con todo, os humidais están a destruírse ou degradando máis rapidamente que ningún outro ecosistema. Os datos máis recentes indican que no último século desapareceu o 64% dos humidais do planeta e que cada ano perdemos o 1 % dos que quedan. Os humidais drénanse ou degrádanse para abastecer a crecente demanda de auga e terreo para a agricultura, a industria e unha poboación urbana en aumento. É crucial que haxa máis voces que defendan aos humidais, que máis persoas se informen sobre o seu valor e que se tomen máis medidas decisivas para conservar e restaurar este valioso ecosistema.

Con esta xornada, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, xunto ao Concello de Sada e o CEIDA, pretende dar a coñecer o valor ecosistémico destes espazos, a situación en Galicia e perspectivas de futuro, e a súa relevancia como espazos educativos, para rematar coa presentación dos humidais e espazos protexidos no territorio da Reserva da Biosfera.

Dirixido a

Todos os públicos.

Programa
  • 10.00 h. Inauguración e presentación da Xornada.
    • D. Óscar Benito Portela Fernández. Alcalde do Concello de Sada.
    • Dna. Ana Mª Díaz López. Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
    • D. José A. Santiso Miramontes. Presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” (MCeTM).
    • D. Delmar Blasco. Secretario Xeral da Convención de Humidais Ramsar (1995-2003)
  • 10.30 h. O valor ecosistémico e social dos sitios RAMSAR.
    • Presenta: D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada.
    • D. Delmar Blasco. Secretario Xeral da Convención de Humidais Ramsar (1995-2003).
  • 11.00 h. Situación dos humidais en Galicia e perspectivas de futuro.
    • Presenta: D. Jorge Blanco Ballón. Xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
    • D. Pablo Ramil Rego. Secretario do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB da UNESCO.
  • 11.30 h. Pausa- Café.
  • 12.00 h. A importancia dos humidais como espazos educativos.
    • Presenta: D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
    • D. Óscar Cid Favá. Asesor da Comisión de Educación e Comunicación da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).
  • 12.30 h. Mesa- Redonda: A Rede de Espazos Naturais da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
    • Modera: Dna. Cristina Carrión Conde. Xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña
    • Dna. María Jesús García Souto. Alcaldesa do Concello de Sobrado.
    • D. Ricardo Sánchez Oroza. Alcalde do Concello de Miño.
    • D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada.
    • Dna. Mª Carmen Iglesias Iglesias. Técnico de Medio Ambiente do Concello de Abegondo.
    • na. María Couto López. Técnico de Medio Ambiente do Concello de Carral.
  • 13.30 horas: Peche da xornada.
    • D. César Longo Queijo. Vicepresidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
    • D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Medio Ambiente e Turismo do Concello de Sada.
    • D. Jorge Blanco Ballón. Xerente da Reserva de Biosfera MCeTM.
    • D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
Inscrición
  • Actividade de balde.
  • Prazas limitadas

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio