• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

II Xornadas online 'Técnicas e Solucións Creativas en Interpretación do Patrimonio'

Vostede está aquí

II Xornadas online 'Técnicas e Solucións Creativas en Interpretación do Patrimonio'
Prazas esgotadas!
Lugar

Actividade online (plataforma Zoom)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Datas

21 e 28 de xuño de 2023

Horario

De 18 a 20 h. (España peninsular)

Coordina

Jorge Morales Miranda

Descrición e obxectivos

“A interpretación efectiva é un proceso creativo de comunicación estratéxica que produce conexións intelectuais e emocionais entre o público visitante e o recurso que é interpretado, logrando que xere os seus propios significados sobre ese recurso, para que o aprecie e goce” (Morais e Ham, 2008). 

Ademáis do Modelo TORA como referente metodolóxico para a interpretación do patrimonio –que indica que esta debe ser Temática, Organizada, Relevante e Amena–, a práctica nesta disciplina require dun ingrediente moi especial para que a metodoloxía funcione de forma óptima e efectiva: a creatividade. A metodoloxía TORA proposta por Sam Ham brinda coherencia e solidez a todo o proceso da interpretación, pero a súa aplicación como marco estratéxico require solucións tácticas: as técnicas para a interpretación, é dicir, un tipo de linguaxe ou tratamento organizacional que contribúe a conectar ao público co lugar ou obxecto patrimonial. Son ferramentas sutís e creativas, “trucos”, para realzar o tema, a organización dos contidos, a relevancia e a amenidade. 

Por esta razón –citando a Antón Lois–, a interpretación pódese considerar como “unha caixa de ferramentas”. Cada intérprete elixirá as ferramentas que considere máis adecuadas, e mesmo as pode inventar se non as atopa nas caixas habituais. As solucións técnicas e creativas poden ser moi variadas e con intencións variadas: hai técnicas que contribúen a realzar o tema; outras serven para mellorar a organización da mensaxe (os contidos); algunhas técnicas servirán para conseguir relevancia ao ego do público; e haberá solucións concretas para a amenidade do produto ou actividade. Mesmo, moitas destas técnicas poden servir para apoiar non unha, senón varias das catro cualidades da interpretación (TORA) ao mesmo tempo. Haberá tamén solucións creativas que contribúan a desenvolver aspectos moi concretos, tanto en actividades atendidas por persoal como non atendidas, como captar a atención do público; manter a atención; técnicas de deseño gráfico que realcen a mensaxe; técnicas para traballar con grupos moi heteroxéneos (por exemplo, audiencia infantil e adulta ao mesmo tempo);  para facer participar ao público; para estimular a imaxinación, etc.

Estas II Xornadas teñen por obxectivo visibilizar algúns casos prácticos nos que se aplican estas solucións técnicas creativas e imaxinativas no exercicio da interpretación do patrimonio. 

Programa
  • MÉRCORES, 21 DE XUÑO
    • 18:00 h. Benvida.
    • 18:05 h. Presentación das xornadas. Jorge Morales Miranda: “Técnicas en interpretación”.
    • 18:20 h. CASO 1. María Elvira Lezcano González, Universidade da Coruña: “A interpretación é unha arte”.
    • 18:40 h. CASO 2. Fani Ortega Riquelme, Parque del Estrecho de Magallanes, Punta Arenas, Chile: “O Estreito de Magallanes como escenario: dramaturxia e Interpretación do Patrimonio”.
    • 19:00 h. Rolda de preguntas.
    • 19:10 h. CASO 3. Juanjo Suárez Rodríguez, Consultor en Heritage Consulting, Tegueste, Tenerife: “Ideas para cativar coa aridez de rochas, areas, sol, vento, salitre… e uns esforzados animais e plantas”.
    • 19:30 h. CASO 4. Ian Signer, Intelligent Play, San Pancho, Nayarit - México: “Abrindo puntos de vista: perspectivas personais e interpretación”.
    • 19:50 h. Rolda de preguntas.
    • 20:00 h. Fin da xornada.

 

  • MÉRCORES, 28 DE XUÑO
    • 18:00 h. CASO 5. Milka Marinov Vlahovic, Museo Nacional de Historia Natural, Santiago, Chile: “Do rigor científico ao deseño interpretativo. Experiencias no Museo Nacional de Historia Natural, Chile”.
    • 18:20 h. CASO 6. Alberto Jiménez Luquin, Reserva Natural de la Laguna de Pitillas, Navarra: “Rodeados de biodiversidade, algunhas técnicas para axudar a descubrila”.
    • 18:40 h. CASO 7. Patricia Muñoz Raña, Guía intérprete en Amodo Turismo, Oia, Pontevedra: “Algunhas vimbias para trenzar visitas interpretativas e non perder a trama”.
    • 19:00 h. Rolda de preguntas.
    • 19:10 h. CASO 8. Mária Benítez Mengual, Consultora en Interpretación del Patrimonio, Islas Canarias: “Rompendo as dúas dimensións: algúns apuntes para ir máis alá dunha comunicación plana do patrimonio”.
    • 19:30 h. CASO 9. Víctor Fratto, , Intérprete del Patrimonio, Puerto Madryn, Argentina: “A mochila do guía”.
    • 19:50 h. Rolda de preguntas.
    • 20:00 h. Fin das xornadas.
Inscrición

AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio