10 a 14 h.
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'
Tercer obradoiro do ciclo de talleres adicados ás aves mariñas da Costa de Dexo, na costa norte do Concello de Oleiros, que pretende que as persoas participantes adquiran unhas nocións básicas de debuxo e pintura que lles permitan tomar apuntes do que observan na natureza nas súas saídas ao campo, e podan así facerse cun caderno de campo da súa propia autoría.
Esta edición de verán estará adicada á avenoiteira, ave nocturna moi pouco coñecida, de plumaxe abraiante e dotada de notables adaptacións para a caza de insectos en vo. Trátase dunha especie moi sensible ás transformacións dos hábitats, que atopa na Costa de Dexo un lugar seguro.
Non é impresdindible ter coñecementos de pintura.
Naturalistas, ornitólogo/as, biólogo/as, profesionais da educación ambiental, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudantes de arte e universitarios, e público en xeral interesado.
Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como investigador na Universidade de Vigo e na Universidade de Murcia, publicando artigos científicos e de divulgación sobre diferentes aspectos relacionados coa ecoloxía e a conservación de aves. Participou en varios proxectos LIFE con fondos europeos, no estudo das aves esteparias de La Serena, en Extremadura; e no Plan de Ordenación da ZEPA Mar Menor, entre outros.
Como artista, leva pintando toda a vida, e profesionalmente desde hai 15 anos. Participou en varias exposicións, tanto individuais como colectivas en Galicia, Madrid, Reino Unido e, máis recentemente, no Parque Nacional de Abruzo, Lazio y Molise en Italia, nun precioso proxecto chamado Pittori in Faggeta - Pintores no faial - xunto a algúns dos mellores pinceis italianos como Elisabetta Mitrovic, Federico Gemma, Marco Preziosi, acompañados polo incomparable Nick Derry.
Ten publicado varios libros centrados na pintura de natureza, como Cuaderno de campo de las Islas Cíes (Catro Ventos Editora), Alexandrinus (autoeditado e distribuído pola editorial Círculo Rojo), ou Viches iso? Un singular percorrido pola vida das aves invisibles (Editorial Galaxia).
O material necesario para as prácticas que se desenvolverán no taller:
AS PRAZAS PARA ESTA FORMACIÓN ESTÁN ESGOTADAS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org