CEIDA
Todos os públicos
Javi Puertas, xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza, especialista en espazos naturais protexidos e educación ambiental. Desenvolve a súa actividade profesional dende fai 20 anos no campo dos espazos naturais e a conservación da natureza na Oficina Técnica de EUROPARC-España, principal foro profesional das áreas protexidas, centrando a súa labor no ámbito da comunicación.
É director da Aula de Fotografía de Humanes de Madrid, onde imparte diferentes niveis formativos dende fai casi 10 anos. Da man de diferentes entidades - dende parques naturais e centros de educación ambiental, pasando por concellerías de cultura e medio ambiente-, e aunando a súa experiencia no mundo da conservación e na didáctica da arte fotográfica, organiza e desenvolve todo tipo de cursos e actividades de sensibilización cidadá a través da fotografía: obradoiros formativos de fotografía de natureza, concursos de fotografía, safaris fotográficos, testing fotográficos, convocatorias de exposicións...
Entre os proxectos formativos coordina as edicións desenvolvidas dende 2015 do curso Actividades Fotográficas en Espazos Naturais, organizado pola Fundación Interuniversitaria Fernando González Bernáldez para los espacios naturales e EUROPARC-España, coa colaboración doutras entidades e da Aula de Educación Ambiental de Pozuelo de Alarcón.
Durante os últimos anos impartiu por diferentes lugares da nosa xeografía a serie de conferencias e seminarios NATUREZAS FOTOGRÁFICAS, apostando por unha fotografía na que se maximice a vivencia fotográfica e se minimicen os impactos na contorna, apostando polo desenvolvemento creativo inspirado no patrimonio natural e cultural asociado. Recentemente formulouse unha derivada do proxecto co foco posto nas NATUREZAS FOTOGRÁFICAS URBANAS, na natureza máis próxima das nosas cidades e contornas urbanas.
As súas exposicións levan anos pululando polos nosos espazos naturais, os seus pobos e cidades. Entre outros proxectos expositivos recentes destaca a exposición Naturales Fotográficas, unha extensión do proxecto do mesmo nome referido, e as exposicións Nuestros Parques: Territorios Fotográficas y Naturaleza y Cultura, y viceversa.
Desenvolve unha intensa actividade no movemento asociativo. É membro do Comité de Conservación da Asociación Española de Fotografía de Natureza, a cuxa xunta directiva pertence dende 2019. É tamén socio da Asociación Biodiversidad Virtual e da Asociación Confines Fotográficos.
9.30 - 10.00 h. Recepción de participantes.
10.00 - 12.00 h. Conferencia Master Class NATUREZAS FOTOGRÁFICAS URBANAS. D. Javi Puertas
12.00 - 15.00 h. XINCANA FOTOGRÁFICA na contorna da Illa de Santa Cruz.
14.00 - 17.00 h. Entrega de fotografías.
17.30 - 18.00 h. Visionado de fotografías, entrega de premios.
Os gañadores recibirán un diploma, as súas fotografías faranse públicas no sitio web do CEIDA e nas súas redes sociais, e recibirán os seguintes premios:
Ademáis, todos os asistentes á xincana serán obsequiados pola súa participación, e poderán recibir un exemplar da revista IRIS de AEFONA.
O xurado estará composto por persoal do CEIDA e por Javier Puertas Blázquez. Poderán invitar a participar como xurado a algunha persoa de recoñecido prestixio na área da cultura, a comunicación e a fotografía.
Os dereitos de autor das fotografías premiadas seguirán estando en posesión do mesmo. As fotografías premiadas poderán ser obxecto de utilización polos organizadores sen limitación de tempo ou lugar nas actividades relacionadas coa xincana. Dita utilización non implica pago algún aos autores das obras. A autoría das fotografías empregadas sempre estará identificada.
A organización resérvase o dereito de excluir do concurso as fotografías que considere realizadas mediante accións que vaian en contra da conservación do patrimonio natural e cultural onde se realizaron e, en particular, esixirase a consideración do código ético de AEFONA, co fin de garantir unha relación respectuosa dos fotógrafos cos espazos onde desenvolven a súa actividade.
A participación no concurso implica a aceptación e conformidade co disposto nestas bases por parte dos concursantes. Nas cuestións non previstas nas mismas, a organización poderá adoptar as solucións que consideren máis xustas e adecuadas.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org