• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro 'Claves educativas para o coidado da terra: seguro de vida para a xuventude dunha sociedade en crise'

Vostede está aquí

Obradoiro 'Claves educativas para o coidado da terra: seguro de vida para a xuventude dunha sociedade en crise'
Prazas limitadas!
Data
mércores, 17 Abril, 2024
Horario

De 17 a 19 horas.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Dirixido a

Profesorado de Educación Secundaria, profesionais da educación ambiental, educadores/as doutros niveis interesados, educadores sociais, público xeral con interese nesta temática.

Imparte

Concha López Llamas

Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica (tres Premios Francisco Giner de los Ríos á Innovación Educativa, do Ministerio de Educación y Ciencia; Premio á Innovación Docente da Universidad Carlos III de Madrid; ou Premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidad de Madrid; entre outros). Destaca como divulgadora da Ensinanza das Ciencias a través de numerosos artigos, publicacións e relatorios.

Nos últimos anos inicia a súa andadura no mundo da narrativa con “Bajo el Dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011); “La Piel Restaurada” (2012); “Beatriz y la loba” (2014); Espejo Lobo (2018); e “Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador” (2022). Tamén ten participado en obras colectivas como “Llop Art. Lárt dona la benvinguda al llop) (2017); e “Ábrete cielo” (2020).

Descrición da actividade

Os mozos e mozas de hoxe en día ven en risco o seu futuro. A crise socio-ambiental que vivimos na terceira década do século XXI reflíctese na súa saúde mental, deteriorada por falta de perspectiva. A adolescencia é a etapa de experimentar a paixón pola vida, desde a creatividade e o compromiso social. Baixo o paradigma hexemónico, a mocidade atópase coas mans atadas para desenvolver o seu proxecto vital. É imprescindible proporcionarlles un novo modelo, desde a ciencia e a filosofía, que lles permita transformar as ideas en accións ilusionantes que sosteñan a vida.

Algúns dos valores que se traballarán no obradoiro son:

  • Avanzar cara á IGUALDADE desde a XUSTIZA SOCIAL.
  • Xestionar os recursos da Terra axustándose aos seus LÍMITES BIOFÍSICOS desde unha CONCIENCIA ECOLÓXICA PLANETARIA que desenvolva unha ÉTICA ECOLÓXICA.
  • Recoñecer-nos como SERES INTERDEPENDENTES e ECODEPENDENTES.
  • Poñer en valor a SIMBIOXÉNESE-COORDINACIÓN-COOPERACIÓN en comparación á depredación.
  • Facer uso da MEMORIA e da IMAXINACIÓN para pensar SOCIEDADES NOVAS que sosteñan e coiden a VIDA.
  • Promover unha EDUCACIÓN EMOCIONAL-ECOLÓXICA cara a todo o vivo.

 

Inscrición
  • Actividade gratuíta.
  • Prazas limitadas.
  • Imprescindible inscrición previa.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio