De 10 a 14 h.
Os humanos mantemos una contradictoria relación cos mamíferos mariños. Por unha banda, son especies cun estatus especial a causa da súa difícil situación de sobrevivencia, por outra, ocupan un lugar destacado no imaxinario e afecto humanos pero, en cambio, as actividades humanas, moitas delas perniciosas para as especies, distan moito de minguar, senón ao contrario aumentan.
O comportamento disruptivo que dende o ano 2020 adoptaron as candorcas, Orcinus orca, abre moitos interrogantes, preocupacións e dúbidas. Neste tempo xerou moita literatura e opinións dispares, o que crea distorsión sobre o valor dunha especie ameazada, o carácter da súa actuación e as consecuencias para a seguridade marítima. Acaso queremos que as candorcas sexan apenas una bonita lembranza?
Persoas que traballen nos distintos ámbitos da navegación e seguridade mariña: Salvamento Marítimo, Guardia Civil, Protección Civil, Cuz Vermella, Autoridades Portuarias, Clubes Naúticos, Gardacostas de Galicia, Marina, etc.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org