Deputación da Coruña
CEIDA
O proxecto GEFRECON persigue a promoción da Xestión Forestal Conxunta co fin de reducir o risco de incendios forestais no territorio POCTEP. O proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través do Programa InterregV-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, aborda unha temática de grande preocupación no territorio transfronteirizo como é a xestión de riscos relacionados co clima e, en concreto, a redución do risco de incendios forestais.
Para abordar dito obxectivo, a Deputación da Coruña, en colaboración co CEIDA, organiza varias xornadas que pretenden solventar un dos problemas antrópicos que xeran máis incendios e de maior virulencia, como é a falta de sensibilización e formación da poboación e distintos actores de cara a respectar o mantemento das masas forestais en bo estado. O obxectivo principal das mesmas é, por tanto, sensibilizar á poboación sobre os incendios e cales son as mellores prácticas a adoptar para a súa prevención.
O programa inclúe tres xornadas formativas de dúas horas de duración, dúas de carácter presencial e unha online. As persoas interesadas poden escoller a data e o formato que mellor se adapte á súa situación xeográfica ou dispoñibilidade:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org