O I Congreso de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia foi un acontecemento histórico pois, por primeira vez, profesionais, investigadores e autoridades da Educación Ambiental de todos os países do ámbito cultural e lingüístico lusófono tiveron a oportunidade de reunirse para debater a contribución da educación na construción de valores, bases culturais e políticas que sirvan á promoción de sociedades sustentables. O Congreso afondou na contribución da Educación Ambiental como elemento de loita fronte os principais retos ambientais actuais, centrados na Conservación da Biodiversidade, o Cambio Climático, e na loita contra a crise ambiental desde a óptica da Sustentabilidade Socioambiental e a instrumentalización da Cooperación Internacional para este fin.
Organizan
No Comité Organizador participaron tamén:
Promotores principais
Antecedentes, contexto, xustificación e continuidade
No contorno lusófono da Educación Ambiental nunca antes se celebrara un evento de tipo congresual. Nembargantes, houbo un I Simposio dentro do V Congreso Iberoamericano de Educación Ambiental (EA), celebrado en Joinville, Brasil, en abril de 2006. Ademais, dentro das declaracións plenarias finais deste V congreso iberoamericano de EA explicítase a necesidade de expandir a iniciativa de articulación e cooperación internacional para os países de lingua portuguesa no ámbito da Educación Ambiental, propoñéndose a Galicia, por iniciativa do goberno de Brasil, para a celebración do evento que nos ocupa.
Algo moi importante é que este Congreso tivo continuidade, pois establece unha canle de comunicación e relación permanente entre autoridades e organizacións da sociedade civil implicadas na educación ambiental en todos os países lusófonos. No plenario final, a representante do goberno da República de Cabo Verde asumiu a candidatura para o vindeiro encontro, no 2009, para o que xa recibiu durante o acto de clausura os compromisos de apoio, para a organización do segundo Congreso, dos representantes da Xunta de Galicia, o goberno da República do Brasil, da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e do propio CEIDA, Centro de Extension Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
Obxectivo xeral
Obxectivos específicos
Participantes
O congreso reuniu a 379 participantes dos distintos sectores sociais implicados na Educación Ambiental: autoridades ambientais e educativas, educadores e educadoras ambientais, persoeiros do mundo da cultura e das artes, científicos, líderes sociais e membros de movementos asociativos dos seguintes países:
Web do I Congreso de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia
http://www.ceida.org/congreso_ea/index.html
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org