Renovamos e ampliamos o Programa ‘Para unha Transición Ecolóxica’, desenvolvido xunto á Deputación da Coruña, con novas actividades educativas dentro da oferta dirixida aos centros de ensino da provincia da Coruña. O obxectivo fundamental é traballar co alumnado sobre tres temáticas ambientais fundamentais dos nosos tempos, de cara ó seu coñecemento e sensibilización: o lixo mariño, a emerxencia climática e os espazos naturais protexidos.
A sociedade de consumo na que estamos a vivir leva da man unha inxente xeración de residuos, intolerable para o noso planeta. Esta vertente de traballo pretende que a comunidade escolar recoñeza as consecuencias derivadas deste problema ambiental, recapacite e comprenda que con pequenos xestos no noso día a día podemos influír positivamente na redución dos residuos que xeramos de cara a un futuro sustentable. Este programa inclúe charlas nos centros educativos, limpezas de praia e obradoiros.
Máis información: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/lixo-marino-programa-para-unha-transicion-ecoloxica
O obxectivo desta vertente de traballo é concienciar dende as bases sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática que estamos a vivir, aportando coñecemento sobre ela e traballando sobre que se está a facer e que podemos facer nós como cidadáns. Este programa inclúe charlas nos centros educativos e obradoiros.
Máis información: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/emerxencia-climatica-programa-para-unha-transicion-ecoloxica
Co fin de poñer en valor a importancia do patrimonio natural e cultural de Galicia e establecer vínculos afectivos co medio, o programa inclúe charlas e roteiros guiados polos parques naturais e a reserva de biosfera da provincia da Coruña: o parque natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, as Fragas do Eume e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Máis información: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/parques-naturais-e-reserva-de-biosfera-da-provincia-da-coruna-programa-para
As solicitudes deberán enviarse a través dos formularios dispoñibles na páxina web.
Se desexa ampliar información co equipo educativo do CEIDA, pode contactar en: educacion@ceida.org - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org