A Biblioteca Verde do CEIDA recupera as súas Conversas naturalistas, un espazo para achegarnos á natureza a través da ollada de persoas que adicaron boa parte da súa vida ao seu estudo e divulgación, así como os libros que nos axudan a coñecela, comprendela e descubrir a súa extraordinaria diversidade. Unha nova oportunidade para recuperar a curiosidade naturalista e reivindicar os libros como portas de entrada ao coñecemento da natureza.
Nesta ocasión, os protagonistas serán os coleópteros, o grupo de insectos máis diverso do planeta. Escaravellos, vacalouras, gurgullos, xoaniñas, vagalumes... forman unha extraordinaria variedade de especies que ocupan practicamente todos os ecosistemas, desde os bosques e prados ata os ambientes acuáticos ou os solos.
Para falar deles contaremos co entomólogo José Carlos Otero González, profesor Ad Honorem da Universidade de Santiago de Compostela e investigador cunha longa traxectoria adicada ao estudo dos insectos.
José Carlos Otero González (1950)
Licenciado en Ciencias Biolóxicas e Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é Profesor Ad Honorem da Universidade de Santiago de Compostela, profesor do programa de doutorado “Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento” e do IV Ciclo Universitario. Desenvolveu a súa actividade docente e investigadora no Departamento de Zooloxía da Facultade de Bioloxía, da que foi Decano desde 1992 a 1999.
Desde o comezo da súa carreira investigadora, os seus estudos centráronse sobre os insectos, publicando libros, monografias e numerosos artigos científicos dalgunhas familias de coleópteros: sobre taxonomía, sistemática, biodiversidade e zooxeografía de todas as rexións zooxeográfcas. Participou en proxectos de investigación destinados ao estudo da biodiversidade na Península Ibérica entre os que destaca o proxecto Fauna Ibérica. Coliderou o proxecto “Vixilancia entomolóxica dos mosquitos vectores de enfermidades humana e animal”. Formou parte de diversas expedicións científicas a Centroamérica, África e ao Himalaia.

Participou tamén no programa Aprendendo xuntos, proxecto que foi recoñecido por Nacións Unidas pola súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
É autor, entre outras de: La vida secreta de los insectos (Plataforma Editorial, 2018), Los lugares secretos de los insectos (USC, 2020), La vida secreta de las arañas (Plataforma Editorial, 2023), El drama de los insectos. Crónicas de los bichos de seis patas (Tundra, 2026), La geografía de la vida: la biogeografía (Aula Magna, 2020) e "Comentarios y notas sobre la Historia Naturalis De Insectis de Johanes Jonstonus" (En: Historia natural sobre los insectos de Johannes Jonstonus. Siglo XVII. Editorial Siloé).
Cando
A actividade terá lugar o vindeiro xoves 15 de outubro, en horario de 19 a 21:00 h. nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora.
As conversas naturalistas están dirixidas a todo tipo de públicos a partir de 14 anos. Para poder asistir, é imprescindible inscribirse no seguinte formulario:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org