Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Comprender os fundamentos básicos da fotografía e aplicalos dunha forma práctica na vida real na fotografía de natureza.
Contará con dúas partes:
Unha primeira parte teórica, na que abordaremos os fundamentos da fotografía e os principais parámetros da cámara: velocidade de obturación, exposición, enfoque, profundidade de campo, etc. Coñeceremos tamén as principais modalidades de fotografía de natureza, desde a fotografía de paisaxe ata a fotografía de fauna, con especial atención ás aves e aos pequenos animais, e á fotografía macro. Exploraremos as particularidades técnicas de cada modalidade e as posibilidades que ofrecen os distintos tipos de cámaras e obxectivos. Ademais, faremos unha breve introdución á edición fotográfica, aos programas máis habituais e aos axustes básicos para mellorar as imaxes, como a corrección de luces e sombras e a aplicación de regras de composición.
Unha segunda parte práctica, na que realizaremos un roteiro ao aire libre para poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Durante o percorrido, aprenderemos a adaptar a configuración da cámara ás condicións de luz, á contorna e aos diferentes motivos que atopemos. A partir de situacións reais, descubriremos que axustes cómpre realizar en cada momento e por que, experimentando coa cámara e coas posibilidades creativas que ofrece a fotografía de natureza. Unha oportunidade para iniciarse na observación e na fotografía do medio natural, ao tempo que desfrutamos da experiencia de aprender e descubrir a natureza ao aire libre.
Todos os públicos.
Biólogo de formación e naturalista e fotógrafo por vocación, conta con 9 anos de experiencia nas illas Azores traballando en saídas de avistamento de cetáceos como guía e fotógrafo.
O seu traballo fotográfico e divulgativo, destacado pola súa capacidade para acercar o mundo mariño ó público xeral a través da fotografía e por garantir un equilibrio entre a divulgación e o rigor científico, foi publicado en medios como a National Geographic e recoñecido en importantes concursos de fotografía internacionais como o Wildlife Photographer of the Year.

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org