12-14 h.
Actividade online, Plataforma Zoom
O programa MaB (Man and Biosphere) creouse no ano 1971 cunha visión: promover unha conexión sostible entre as persoas e a natureza. Cos anos, esta idea materializouse coa designación das "reservas de biosfera", laboratorios vivintes que impulsan solucións baseadas na natureza para o desenvolvemento sostible.
Este 2021 cúmprense 50 anos do programa, e a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia únense para homenaxear o traballo desenvolvido durante este período, cun ciclo de xornadas que pretenden dar a coñecer a diversidade das reservas de biosfera galegas. A primeira das xornadas está adicada á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, coincidindo co seu 8º aniversario.
Todos os públicos.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org