• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Reservas de Biosfera: 50 anos do programa MaB

Vostede está aquí

Reservas de Biosfera: 50 anos do programa MaB
Data
xoves, 3 Xuño, 2021
Horario

De 19.30 a 20.30 h.

Lugar

Circo de Artesáns (Rúa Santo André, 36 - A Coruña)

Organiza
  • Circo de Artesáns
  • CEIDA
Dirixido a

Todos os públicos.

Descrición

As Reservas de Biosfera son espazos recoñecidos polo programa Home e Biosfera (MaB) da UNESCO, que promoven o desenvolvemento sustentábel baseado na mellora da relación do ser humano coa súa contorna. A creación destas Reservas de Biosfera ten como obxectivo principal o desenvolvemento do territorio, das súas empresas e dos seus produtos, mediante marcas de calidade, recuperación de actividades tradicionais, oportunidades de emprego e formación, iniciativas turísticas, conservación dos recursos ambientais e outros proxectos. Na Comunidade Autónoma Galega temos 6 Reservas de Biosfera, e na contorna da cidade da Coruña, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, e enmarcado dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica' que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, organizaranse dúas conferencias sobre as Reservas de Biosfera de Galicia o os 50 anos do programa MaB: 

  • 19.30 h. O CEIDA e as Reservas de Biosfera. Carmen Borobio Vázquez e Mónica Agrazo Martínez. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
  • 20.00 h. A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e as súas liñas de traballo. Jorge Blanco Ballón. Xerente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Inscrición
  • Prazas limitadas. 
  • Obrigatorio o uso de máscara FFP2.
  • Reserva de praza no teléfono da Sociedade: 981 222 976

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio