De 19.30 a 20.30 h.
Circo de Artesáns (Rúa Santo André, 36 - A Coruña)
Todos os públicos.
Dentro das actividades programadas para o mes de xuño (mes no que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente e o Día Mundial dos Océanos), e enmarcadas dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica' que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, organizaranse dúas conferencias sobre a conservación dos océanos e os proxectos que o CEIDA está a desenvolver en torno a esta liña de traballo:
19.30 h. A importancia de conservar os océanos. Carmen Borobio Vázquez e Mónica Agrazo Martínez. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
20.00 h. Proxectos do CEIDA vinculados á protección dos océanos. Sergio París Gómez, Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org