• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Reapertura do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Vostede está aquí

Reapertura do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Reapertura do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Por fin podemos comunicar a reapertura do noso Centro de Documentación Ambiental, que dende o luns, 7 de marzo, está aberto a toda a cidadanía na súa nova sede, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora. O centro funciona de forma similar a unha biblioteca, mais os seus fondos e servizos están especializados no eido ambiental. Forma parte ademáis do RECIDA - Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental- xunto a outras 140 unidades de información especializadas de outras Comunidades Autónomas coas que traballa en rede.

O novo horario no Pazo de Lóngora é:

  • Luns a xoves: 10 a 14 h. / 16 a 19 h.
  • Venres: 9 a 14 h.

E a dirección: Rúa Casares Quiroga, 29, Liáns (Oleiros).

Para calquera dúbida ou consulta, o equipo de documentación está a disposición de todos os interesados no teléfono habitual do CEIDA (981 630 618) ou no correo documentacion@ceida.org

Esperámosvos no novo espazo verde do CEIDA! 
 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio