• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Baño de Bosque no Xardín do Pazo de Lóngora

Vostede está aquí

Baño de Bosque no Xardín do Pazo de Lóngora

Baño de Bosque no Xardín do Pazo de Lóngora

PRAZAS ESGOTADAS!!

Ás veces paseamos pola natureza, pero sen estar realmente nela, sen sentila. O   baño de bosque ou Shinrin-yoku   é unha invitación a parar, a experimentar a natureza de verdade, a permitir que nos penetre a través dos sentidos, e beneficiarnos do seu poder restaurativo da mente, do corpo e do espírito. Trátase simplemente de ESTAR na natureza, de conectar con ela a través dos sentidos, un paseo sen destino algún, entregándonos sen expectativas e permitíndonos empaparnos de todos os agasallos que o bosque ten para nós.

Con este obxectivo, o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA organiza o vindeiro   7 de xullo   unha actividade de baño de bosque no   xardín do Pazo de Lóngora,   actual sede do centro, guiada por  Rosalía Santori,   especialista en experiencias de benestar interior e autora do libro  7 herbas máxicas  (Hércules de Edicións). As persoas asistentes poderán ademáis coñecer os fondos bibliográficos que esta biblioteca verde dispón vinculados a esta arte xaponesa.

A actividade   terá lugar ás 19 h.   cunha duración aproximada de   hora e media.  

Reserva de prazas: AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE XA ESTÁN ESGOTADAS 

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA UN BAÑO DE BOSQUE DE 10! 

  • Roupa acorde coa climatoloxía. Se o prognóstico é de chuvia leve, será unha boa oportunidade para experimentala a través dos sentidos. 
  • Calzado cómodo para camiñar suavemente polo bosque.
  • Mochila sen moito peso coa botella de auga e unha toalla pequena.

"Un baño de bosque é a arte de conectar coa natureza a través dos sentidos. O único que temos que facer é aceptar a invitación. A natureza fai o resto".  Qing Li

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio