• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'Yo Ecofeminista' de Concha López Llamas

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Yo Ecofeminista' de Concha López Llamas

Presentación do libro 'Yo Ecofeminista' de Concha López Llamas

O vindeiro xoves, 20 de outubro, a escritora e catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación, Concha López Llamas, presenta o seu último libro 'Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador', editado por Libros en Acción. O acto terá lugar na Sala de Conferencias do Pazo de Lóngora (Rúa Casares Quiroga, 29 - Liáns, Oleiros) ás 19 h., e acompañarán á autora,  Nery Díaz (Ecoloxistas en Acción)  e  Curra Figueroa (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia-ADEGA).

'Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador' é un libro autobiográfico no que a autora pon de manifesto experiencias que, dende a infancia ata o momento presente, permitíronlle recoñecerse como ecoloxista e feminista primeiro, e como ecofeminista despóis. Como singularidade, intercala fragmentos de pensamentos filosóficos, científicos e sociais que reforzan o seu, alimentado por raíces que non deteñen a profundización na súa carballeda zamorana, baixo a influencia do río Negro, a prolongación da súa arteria aorta. A rebeldía que de adolescente lévaa a traspasar a súa liña verde, fronteira entre o domesticado e o silvestre, predispúxoa a analizar o comportamento de sapiens á luz da complexidade do ecolóxico. En resonancia co lobo, o seu tótem animal, defende os corpos-territorios da cultura hexemónica patriarcal-capitalista que nos leva, dende a lóxica do dominio, ao colapso inminente, non só da civilización que protagonizamos, senón da biosfera que coñecemos e da que formamos parte.

Concha López Llamas

Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica (tres Premios Francisco Giner de los Ríos á Innovación Educativa, do Ministerio de Educación y Ciencia; Premio á Innovación Docente da Universidad Carlos III de Madrid; ou Premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidad de Madrid; entre outros). Destaca como divulgadora da Ensinanza das Ciencias a través de numerosos artigos, publicacións e relatorios.

Nos últimos anos inicia a súa andadura no mundo da narrativa con “Bajo el Dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011); “La Piel Restaurada” (2012); “Beatriz y la loba” (2014); Espejo Lobo (2018); e “Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador” (2022). Tamén ten participado en obras colectivas como “Llop Art. Lárt dona la benvinguda al llop) (2017); e “Ábrete cielo” (2020).

Na súa obra pon de manifesto o seu extraordinario vínculo coa natureza e coa problemática da muller, a biodiversidade e o rural. O lobo adquire na maior parte da súa obra un extraordinario protagonismo. Por parte da crítica literaria o seu traballo sitúase dentro do colectivo de escritores e escritoras de natureza desde o ecofeminismo. Aproveita a súa obra literaria para realizar tarefas de divulgación sobre este pensamento filosófico e a defensa da Terra biodiversa.

Nery Díaz 

Activista en movementos feministas, sociais e ambientais: Plataforma Feminista, Impunidade Carioca, Lugo sen Mordazas, Víctimas de la Justicia, Lugo de cara ao Miño, Salvemos o Iribio, Movemento galego polo Clima, Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre, Plataforma Terra Chá,.. Cofundadora do grupo local Ecoloxistas en Acción Lugo e presidenta de Ecoloxistas en Acción-Galiza.

Curra Figueroa 

Bióloga, activista e escritora galega. Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista 'O Ensino', da que foi directora. Ten colaborado en diferentes revistas como 'Cerna', 'ENCIGA', 'Agália' ou 'Portal Galego da Língua' e en xornais como 'El Progreso', 'La Voz de Galicia', 'Xornal.com', 'Vieiros', 'A Nosa Terra', 'Praza Pública', 'Sermos Galiza' e 'Nós Diario'. É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica.

As prazas son limitadas, por iso é preciso confirmar asistencia no seguinte   FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio