O vindeiro xoves, 20 de outubro, a escritora e catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación, Concha López Llamas, presenta o seu último libro 'Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador', editado por Libros en Acción. O acto terá lugar na Sala de Conferencias do Pazo de Lóngora (Rúa Casares Quiroga, 29 - Liáns, Oleiros) ás 19 h., e acompañarán á autora, Nery Díaz (Ecoloxistas en Acción) e Curra Figueroa (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia-ADEGA).
'Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador' é un libro autobiográfico no que a autora pon de manifesto experiencias que, dende a infancia ata o momento presente, permitíronlle recoñecerse como ecoloxista e feminista primeiro, e como ecofeminista despóis. Como singularidade, intercala fragmentos de pensamentos filosóficos, científicos e sociais que reforzan o seu, alimentado por raíces que non deteñen a profundización na súa carballeda zamorana, baixo a influencia do río Negro, a prolongación da súa arteria aorta. A rebeldía que de adolescente lévaa a traspasar a súa liña verde, fronteira entre o domesticado e o silvestre, predispúxoa a analizar o comportamento de sapiens á luz da complexidade do ecolóxico. En resonancia co lobo, o seu tótem animal, defende os corpos-territorios da cultura hexemónica patriarcal-capitalista que nos leva, dende a lóxica do dominio, ao colapso inminente, non só da civilización que protagonizamos, senón da biosfera que coñecemos e da que formamos parte.
Concha López Llamas
Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica (tres Premios Francisco Giner de los Ríos á Innovación Educativa, do Ministerio de Educación y Ciencia; Premio á Innovación Docente da Universidad Carlos III de Madrid; ou Premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidad de Madrid; entre outros). Destaca como divulgadora da Ensinanza das Ciencias a través de numerosos artigos, publicacións e relatorios.
Nos últimos anos inicia a súa andadura no mundo da narrativa con “Bajo el Dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011); “La Piel Restaurada” (2012); “Beatriz y la loba” (2014); Espejo Lobo (2018); e “Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador” (2022). Tamén ten participado en obras colectivas como “Llop Art. Lárt dona la benvinguda al llop) (2017); e “Ábrete cielo” (2020).
Na súa obra pon de manifesto o seu extraordinario vínculo coa natureza e coa problemática da muller, a biodiversidade e o rural. O lobo adquire na maior parte da súa obra un extraordinario protagonismo. Por parte da crítica literaria o seu traballo sitúase dentro do colectivo de escritores e escritoras de natureza desde o ecofeminismo. Aproveita a súa obra literaria para realizar tarefas de divulgación sobre este pensamento filosófico e a defensa da Terra biodiversa.
Nery Díaz
Activista en movementos feministas, sociais e ambientais: Plataforma Feminista, Impunidade Carioca, Lugo sen Mordazas, Víctimas de la Justicia, Lugo de cara ao Miño, Salvemos o Iribio, Movemento galego polo Clima, Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre, Plataforma Terra Chá,.. Cofundadora do grupo local Ecoloxistas en Acción Lugo e presidenta de Ecoloxistas en Acción-Galiza.
Curra Figueroa
Bióloga, activista e escritora galega. Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista 'O Ensino', da que foi directora. Ten colaborado en diferentes revistas como 'Cerna', 'ENCIGA', 'Agália' ou 'Portal Galego da Língua' e en xornais como 'El Progreso', 'La Voz de Galicia', 'Xornal.com', 'Vieiros', 'A Nosa Terra', 'Praza Pública', 'Sermos Galiza' e 'Nós Diario'. É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica.
As prazas son limitadas, por iso é preciso confirmar asistencia no seguinte FORMULARIO
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org