• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso online 'Produtos interpretativos para a cultura oceánica | impartido por Jorge Morales'

Vostede está aquí

Produtos interpretativos para a cultura oceánica
PRAZAS ESGOTADAS!
Data
luns, 21 Novembro, 2022 a luns, 12 Decembro, 2022
Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivo xeral

A interpretación, como metodoloxía para comunicar os valores e importancia do patrimonio, parte dun concepto metodolóxico básico: o “tema”, concepto que tende a presentar certas dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público, poñendo énfase no deseño de medios expositivos. Revisaremos con detalle os conceptos de Tema e Relevancia para mellorar a efectividade das accións de mediación e posta en valor do patrimonio visitable.

Obxectivos específicos
  • Analizar obxectos ou lugares patrimoniais identificando conceptos tanxibles e intanxibles para unha comunicación máis efectiva.
  • Empregar a metodoloxía T.O.R.A. (Temática, Organizada, Relevante e Amena) para elaborar mensaxes interpretativas.
  • Desenvolver produtos interpretativos a partir da definición dun “tema interpretativo” centrado na cultura oceánica.
Dirixido a
  • Persoas que traballen ou desexen traballar na interpretación e presentación do patrimonio ao público en museos, centros de interpretación, sitios históricos, parques arqueolóxicos, etc.
  • Profesionais e estudantes nos ámbitos da museoloxía, turismo, xestión cultural e o medio ambiente.
Imparte
  • Jorge Morales Miranda, Consultor en Interpretación do Patrimonio (módulo 1-4).
  • Equipo educativo do CEIDA (módulo 0).
Contidos
  • Módulo 0. Cultura oceánica. 
    • Que é a cultura oceánica?
    • Principios da cultura oceánica.
    • ODS 14.
  • Módulo 1. Introdución á interpretación do patrimonio.
    • O contexto da interpretación.
    • Finalidades e definicións.
    • Os principios de Freeman Tilden.
    • Comunicación secuencial e non secuencial.
  • Módulo 2. Metodoloxía da interpretación.
    • Os tres pilares da interpretación.
      • O Recurso.
      • O Público Visitante.
      • As Técnicas.
    • Fundamento metodolóxico para a interpretación. O modelo TORA de Sam Ham.
      • Amena.
      • Relevante.
      • Organizada.
      • Temática.
    •  A mensaxe “interpretativa”.
  • Módulo 3. Interpretación Secuencial.
    • O Proceso da interpretación para deseñar produtos interpretativos.
    • Interpretación Non Secuencial. Casos: Carteis e exhibicións interpretativas.
    • Recomendacións para o deseño.
  • Módulo 4. Avaliación de produtos e servizos interpretativos.
    • Avaliación de produtos interpretativos.
    • Avaliación do impacto no público.
Características
  • 35 horas.
  • Plataforma Moodle.
  • 5 módulos con exercicios prácticos.
  • Charlas semanais en directo.
  • Titorías persoais e seguimento personalizado.
  • Foro de dúbidas e cuestións xerais.
  • Idioma: español.
  • Diploma acreditativo.
Inscrición
  • AS PRAZAS PARA ESTE CURSO ESTÁN ESGOTADAS

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio