Actividade familiar infantil de contacontos con monicreques que abordará de forma interactiva e dinámica a temática do lixo e, máis concretamente, dos residuos orgánicos, baseada no conto 'Dhor el compostador'. Ademáis de gozar da lectura e das súas singulares personaxes, as familias aprenderán sobre a importancia da compostaxe doméstica e os seus beneficios para o medio natural.
A actividade terá lugar nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede da nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, o vindeiro sábado, 19 de novembro, ás 12 horas. Estará dinamizada polas educadoras Claudia Vilariño e Soraya Seoane e terá unha duración estimada de hora e media.
Dirixida a familias con nenos e nenas de entre 6 a 10 anos, que virán acompañados cun máximo de dous adultos por neno/a.
As prazas son limitadas, polo que é imprescindible a reserva no seguinte formulario:
http://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org