• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Avanzando na xestión compartida do medio mariño: Mesa de Gobernanza para a Rede Natura 2000 Mariña da Provincia da Coruña

Vostede está aquí

Avanzando na xestión compartida do medio mariño: Mesa de Gobernanza para a Rede Natura 2000 Mariña da Provincia da Coruña

Avanzando na xestión compartida do medio mariño: Mesa de Gobernanza para a Rede Natura 2000 Mariña da Provincia da Coruña

O proxecto #AvesÁrtabras que o CEIDA leva desenvolvendo dende o 2019 co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, tivo como obxectivo  inicial a elaboración dunha proposta para a potencial declaración dunha área mariña protexida baixo a figura de Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) da Rede Natura 2000 nas augas do Golfo Ártabro. Unha vez realizada a proposta e con potenciais visos de ser realidade a medio prazo, a entidade pretende promover unha  mesa de gobernanza ambiental  que permita avanzar nas futuras propostas de xestión deste territorio baixo criterios de co-gobernanza e co-responsabilidade entre os distintos actos implicados no territorio, fundamentalmente en materia pesqueira pero tamén noutros ámbitos.

Por este motivo, e dentro de #ÁRTABRO3 (continuación de #AvesÁrtabras), o CEIDA convoca o vindeiro xoves, 29 de setembro, de 10.30 a 12.00 horas, un obradoiro online dirixido aos principais axentes do territorio vinculados co medio mariño e litoral, aos que presentará a proposta e primeiros pasos deste foro. A actividade terá lugar a través da plataforma Zoom, e é preciso confirmar asistencia.

Máis información:  avesartabras@ceida.org 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio