Actividade online
A interpretación, como metodoloxía para comunicar os valores e a importancia do patrimonio, parte dun concepto metodolóxico básico, o "tema", concepto que habitualmente presenta dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público que visita os espazos naturais, poñendo especial énfase nesta idea central que denominamos "tema interpretativo". Outros conceptos como "provocación do pensamento", "relevancia" e "amenidade" tamén contribúen a mellorar a efectividade das accións de medicación e posta en valor do patrimonio visitable.
AS PRAZAS PARA ESTA FORMACIÓN ESTÁN ESGOTADAS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org