O vindeiro xoves, 30 de marzo, ás 12 horas, terá lugar no Salón de Actos da nosa sede, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros) unha conferencia sobre a Xestión Integrada de Zonas Costeiras, a cargo do profesor francés Michel Prieur, un dos máis recoñecidos expertos do mundo en dereito ambiental. Prieur é profesor emérito da Universidade de Limoges (Francia) e Doutor Honoris Causa de varias universidades (Zaragoza, Bucarest, Nacional del Litoral e Bos Aires). É presidente do Centro Internacional de Dereito Comparado Ambiental (CIDCE) e foi vice-presidente da Comisión de Dereito Ambiental da Unión Internacional de Conservación de la Naturaleza - IUCN (2005- 2009).
En relación ao tema que se vai a desenvolver durante o acto, o profesor Michel Prieur foi representante do goberno francés de aplicación da Convención de Barcelona e os seus protocolos sobre o Mar Mediterráneo (2012-2016) e actualmente é membro, dende 2021, da Comisión de Desenvolvemento Sostible da Convención de Barcelona sobre e Medio Marino y las Zonas Costeras del Mar Mediterráneo. Foi un dos membros da Comisión que elaborou o Protocolo relativo a la Gestión Integrada de las Zonas Costeras del Mediterráneo (Madrid, 2008).
Máis información sobre a súa traxectoria en: https://www.unilim.fr/michel-prieur-universite-limoges-2/?lang=es
As prazas son limitadas, polo que agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no correo formacion@ceida.org
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org