• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada de capacitación 'Oportunidades para ambientalizar as escolas a través da integración de contidos relacionados coa Rede Natura 2000 Mariña

Vostede está aquí

Xornada de capacitación 'Oportunidades para ambientalizar as escolas a través da integración de contidos relacionados coa Rede Natura 2000 Mariña
Prazas limitadas!
Data
mércores, 12 Abril, 2023
Horario

De 16 a 20 horas.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Colabora
  • CEIDA
  • Babadiva Ambiental
Financiado

Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR) financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU, (sin coste para los participantes).

Obxectivos
  • Dar a coñecer a Rede Natura 2000 Mariña e a súa importancia na conservación da biodiversidade, ligándoa á cidadanía.
  • Destacar as oportunidades didácticas da Rede Natura 2000 mariña pola súa relación coas distintas Áreas de Educación Primaria, especialmente coas Áreas de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, , Educación Artística e Lingua Castellana e Literatura.
  • Capacitar aos participantes para que podan integrar nas súas aulas o proxecto educativo “O cole viaxa polo océano con Natura e Marina” así como os recursos educativos que o integran. 
Obxectivos específicos do programa para o persoal docente
  • Capacitar ao profesorado para o correcto desenvolvemento de actividades de educación ambiental centradas no medio mariño e a Rede Natura 2000 mariña.
  • Involucrar ao persoal docente e a toda a comunidade escolar na necesidade de conservar o océano e divulgar a importancia da Rede Natura 2000 mariña.
Obxectivos do programa para o alumnado
  • Concienciar sobre a necesidade de protexer o océano contribuíndo a identificar os principais problemas e ameazas á biodiversidade mariña.
  • Fomentar o coñecemento sobre os hábitats, especies e beneficios ecolóxicos que preserva a Rede Natura 2000 Mariña.
  • Fomentar o traballo individual e colectivo, a investigación, o debate, o pensamento crítico e o respecto polas ideas dos demais.
  • Formar persoas activas, responsables e respectuosas co mundo no que viven, con capacidade de coñecer a súa influencia na contorna que lles rodea para que poidan contribuír a construír un mundo máis sostible.
A quen vai dirixida esta formación?

Está especialmente dirixida ao profesorado de educación primaria, estudantes do grao de educación primaria, persoal de museos, aulas de natureza, centros de interpretación, profesionais da educación ambiental, e persoas en xeral interesadas na temática.

Imparte
  • Manuel Domínguez Rey. Licenciado en Bioloxía.
  • Teresa Ramos Covelo. Licenciada en Bioloxía.
Programa

Benvida. Presentación xeral e obxectivos da formación

  • MÓDULO 1: A Rede Natura 2000 mariña:
    • Os espazos naturais protexidos: tipoloxía e beneficios.
    • A Rede Natura 2000: unha rede que une territorios.
    • A Rede Natura 2000 Mariña.
  • MÓDULO 2. Oportunidades didácticas do proxecto:
    • Oportunidades didácticas do proxecto no ámbito escolar.
    • O proxecto, a LOMLOE e o RD 157/2022 de ensinos mínimos de Educación Primaria.
    • Principios pedagóxicos e áreas de coñecemento involucradas.
    • Proposta didáctica.
  • MÓDULO 3 “O cole viaxa polo océano con Natura e Mariña”:
    • Como integrar o proxecto na aula? Consellos e recomendacións.
    • Recursos do proxecto.

CASOS PRÁCTICOS.

Inscrición
  • Actividade sen custe para as persosa participantes.
  • As prazas son limitadas.
  • Imprescindible inscrición previa.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio