• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio - 26ª edición!

Vostede está aquí

Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio - 26ª edición!
Prazas limitadas!
Data
martes, 16 Maio, 2023 a domingo, 18 Xuño, 2023
Organiza

CEIDA

Colabora

Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP)

Obxectivos

Proporcionar a formación básica a través da adquisición dos coñecementos, destrezas e atitudes necesarias para utilizar a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación coa fin de entregar unha información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de lecer, e que fomente neles atitudes de aprezo e custodia polo patrimonio presentado.

Dirixido a

Todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, informadoras/es turísticos, educadores e educadoras en xeral (educación formal e non formal), etc. En definitiva, este curso está dirixido a aquelas persoas que desexen coñecer e empregar de forma eficaz a valiosa ferramenta de comunicación e de xestión que é a Interpretación do Patrimonio.

Imparte
  • Isabel Fernández
  • Toñi López
Contidos
  • UD1. Coñecendo a disciplina. Os tres piares da Interpretación do Patrimonio.
  • UD2. O coñecemento da audiencia e das técnicas interpretativas. O perfil profesional do interéprete.
  • UD3. Características da mensaxe interpretativa. A receita da Interpretación do Patrimonio.
  • UD4. Avaliación dos medios interpretativos.
IDIOMA

O idioma dos materiais e recursos didácticos do curso están en galego e español, pero os exercicios e as comunicacións coas docentes, tamén poden realizarse en portugués.

Inscrición
  • 90 € (10 % de desconto para persoas asociadas á Asociación para a Interpretación do Patrimonio - AIP).
  • 100 € (para transferencias internacionais).
  • 20 prazas, por rigurosa orde de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio