• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro Técnico sobre as Interaccións das Candorcas e os Veleiros: Navegación e Seguridade

Vostede está aquí

OBRADOIRO TÉCNICO SOBRE AS INTERACCIÓNS DAS CANDORCAS E OS VELEIROS: NAVEGACIÓN E SEGURIDADE
Prazas limitadas!
Data
venres, 16 Xuño, 2023
Horario

De 10 a 14 h.

Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Online
Organiza
  • CEMMA-GTOA
  • CEIDA
Obxectivos

Os humanos mantemos una contradictoria relación cos mamíferos mariños. Por unha banda, son especies cun estatus especial a causa da súa difícil situación de sobrevivencia, por outra, ocupan un lugar destacado no imaxinario e afecto humanos pero, en cambio, as actividades humanas, moitas delas perniciosas para as especies, distan moito de minguar, senón ao contrario aumentan.

O comportamento disruptivo que dende o ano 2020 adoptaron as candorcas, Orcinus orca, abre moitos interrogantes, preocupacións e dúbidas. Neste tempo xerou moita literatura e opinións dispares, o que crea distorsión sobre o valor dunha especie ameazada, o carácter da súa actuación e as consecuencias para a seguridade marítima. Acaso queremos que as candorcas sexan apenas una bonita lembranza?

  • Obxectivo xeral:
    • Dar a coñecer a ecobioloxía das candorcas ibéricas, as interaccións con embarcacións e a vangarda dos debates e actividades propostas na liña da súa conservación.
  • Obxectivos específicos:
    • Coñecer os detalles da ecobioloxía das candorcas ibéricas.
    • Coñecer de primeira man a información máis completa sobre as interaccións con embarcacións.
    • Coñocer os detalles relativos á navegación e seguridade en relación coas interaccións.
    • Coñecer os pasos dados polo goberno portugués e español.
    • Abrir un debate sobre as actividades propostas na líña da súa conservación.
Dirixido a

Persoas que traballen nos distintos ámbitos da navegación e seguridade mariña: Salvamento Marítimo, Guardia Civil, Protección Civil, Cuz Vermella, Autoridades Portuarias, Clubes Naúticos, Gardacostas de Galicia, Marina, etc.

Programa
  • 10.00 h. Presentación
  • 10.10 h. Bioloxía das candorcas. Dra. Ruth Esteban, Museo da Balea de Madeira, Portugal/GTOA.
  • 10.30 h. Candorcas e interaccións con veleiros. Dr. Alfredo López, biólogo de CEMMA/GTOA. Universidade de Aveiro.
  • 10.50 h. Salvamento e seguridade en Galicia I. Bernardo Viqueira Aller. Xefe en funcións do Centro de Coordinación e Salvamento Marítimo A Coruña.
  • 11.10 h. Salvamento e seguridade en Galicia II. Román Paz. Responsable da base de  Salvamento  Marítimo en Cruz Roja A Coruña
  • 11.30 h. Navegación e interaccións, Eliseo Pacheco, Dep. Ciencias da Navegación e Inxeniería Mariña, Escola Náutica da Coruña-UDC.
  • 11.30 - 12.00 h. Descanso.
  • 12.00 h. Medidas postas en marcha polo goberno español.
  • 12.20 h. Medidas postas en marcha polo goberno portugués. Marina Sequeira, Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas-ICNF. Portugal.
  • 12.40 h. Proxección de videos: Mónica González, CEMMA-GTOA.
  • 13.00 h. Debate e suxerencias.
Inscrición
  • Actividade presencial e online.
  • Prazas limitadas.
  • Diploma acreditativo.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio