A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da Ría da Coruña.
Este rico patrimonio combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz que, ao longo destes catro séculos, foi e é un baluarte de defensa: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais; defensa da cultura coa estancia da escritora Emilia Pardo Bazán; defensa social coa organización de colonias de verán para nenos orfos e defensa do medio ambiente a través do CEIDA.
Para dar a coñecer todo este patrimonio natural e histórico, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, ofértase un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita durante este verán, que se desenvolverá desde o luns 3 de xullo ata o venres 8 de setembro.
Dita actividade terá lugar de luns a venres ás 11 horas, e o aforo será limitado a 15 persoas por grupo.
Para pode asistir, é impresdincible enviar previamente o formulario de reserva de praza, mais se estás visitando o Castelo, podes preguntar se hai prazas dispoñibles para incorporarte ao grupo. O punto de encontro é a árbore situada ao final da pasarela e que da acceso á illa á hora de inicio das visitas (11 horas).
Invitámoste a descubrir e disfrutar das pequenas maravillas que se agochan neste lugar!!
Máis información: No teléfono 981 630 618, ou no correo: educacion@ceida.org
Reservas: http://www.ceida.org/gl/reserva-visitas-guiadas
* Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás visitas guiadas. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, por favor, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org