• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada Soberanía Alimentaria: Alimentación Saudable e Sostible

Vostede está aquí

Xornada Soberanía Alimentaria: Alimentación Saudable e Sostible
Prazas limitadas!
Data
venres, 10 Novembro, 2023
Horario

10 a 13.30 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña (programa 'Para unha Transición Ecolóxica').

Obxectivos
  • Dar a coñecer o concepto de soberanía alimentaria, como incide no modo de produción dos alimentos que consumimos e na súa orixe.
  • Entender que a crise alimentaria e climática están provocadas polo modelo actual de producción e consumo, e que tranformar o sector agrario é clave para mitigar moitos dos problemas da nosa sociedade.
  • Reflexionar sobre os novos modelos alimentarios baseados nos produtos de proximidade, o consumo de tempada e a reducción da pegada climática na alimentación.
Dirixido a

Todos os públicos.

Programa
  • 10.00 h. Inauguración:
    • Dna. Cristina Capelán Cancelo. Deputada responsable dos sectores produtivos: Mar e Medio Rural. Deputación Provincial da Coruña.
    • D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA.
  • 10.30 h. Soberanía alimentaria e saúde. Dna. Ángeles Romero Rodríguez. Catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Comité Científico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • 11.15 h. Pausa.
  • 11.45 h. Plan Alimentario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. D. Miguel Fernández Pardo. Equipo técnico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 
  • 12.00 h. Mesa redonda – Presentación do programa educativo “Consume de maneira sostible: defende a soberanía alimentaria”. Modera: equipo de Educación Ambiental do CEIDA. Participan:
    • Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar).
    • LABRECOS Soc. Coop. Galega (Cesuras).
    • Os Biosbardos (Cambre).
    • Abeiro da Loba (Sobrado).
  • 13.30 h. Fin da xornada
Inscrición
  • Actividade gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio