• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Taller práctico de identificación de cogomelos

Vostede está aquí

Taller práctico de identificación de cogomelos
PRAZAS ESGOTADAS!
Data
xoves, 16 Novembro, 2023
Horario

De 19 a 20.30 h.

Lugar

Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora). Rúa Casares Quiroga, 29 - Liáns (Oleiros).

Organiza

CEIDA

Colabora

Asociación Micolóxica ANDOA

Dirixido a

Todos os públicos.

Descrición

O outuno é o momento idóneo para iniciarse no fascinante mundo dos fungos, xa que é nesta época cando se manifestan en todo o seu esplendor, con múltiples formas, tamaños e cores. É por este motivo que o CEIDA, en colaboración coa   Asociación Micolóxica Andoa,   organiza un taller práctico de identificación de cogomelos, co fin de continuar coa labor de divulgación do patrimonio natural galego.

A actividade, desenvolvida na biblioteca e centro de documentación ambiental, contará coa participación de expertos da asociación micolóxica Andoa, con quen nos introduciremos no mundo dos fungos e aprenderemos a distinguir as súas características básicas.

Contará cunha pequena exposición de exemplares para mostrar aos participantes as súas características macroscópicas, mais tamén poderán observar outros rasgos a través da utilización de microscopio.

Obxectivos
  • Dar a coñecer a gran diversidade micolóxica que temos no territorio galego.
  • Aprender a identificar as características básicas dos cogomelos que nos axudarán a recoñecer e determinar as diferentes especies.
  • Amosar algunhas especies de fungos segundo as súas características macroscópicas e microscópicas.
Imparte
  • Antonio Couceiro.
  • José Manuel del Río.
  • Álvaro Martiáñez.
Inscrición

AS PRAZAS DESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio