• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

VI Xornada Mulleres Relevantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Vostede está aquí

VI Xornada Mulleres Relevantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Prazas limitadas
Data
venres, 20 Setembro, 2024
Horario

10 a 14 h.

Lugar

Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos

A Xornada de Mulleres Relevantes na Reserva da Biosfera ten un doble obxectivo:

  • Promover o coñecemento das figuras femininas relevantes do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • Poñer en valor o patrimonio cultural e histórico do territorio.

 

Esta 6ª edición está adicada á escritora, docente e violinista Luisa Villalta, unha intelectual poliédrica que traballou en distintos campos (poesía, teatro, narrativa, ensaio, música...), homenaxeada este 2024 no Día das Letras Galegas. Villalta foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asocaición de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 

Dirixido a
  • Profesionais do sector turístico.
  • Persoas con formación ou interese no ámbito da historia, da literatura e do medio ambiente.
  • Público xeral interesado.
Programa
  • 10.00 h. Inauguración.
  • 10.15 h. A figura de Luisa Villalta: escritora esixente, rigurosa e xenerosa. Dna. Margarita Ledo Andión. Xornalista, cineasta e escritora. Numeraria da Real Academia Galega. Docente e Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 11.00 h. Descanso.
  • 11.30 h. Charla-coloquio entorno a figura de Luisa Villalta:  
    • Dna. Beatriz Maceda Abeleira. Coautora da biografía ilustrada “Alma de Violino".
    • Dna. Elisabet Ríos Liste. Coautora da biografía ilustrada “Alma de Violino".
    • Dna. Laura Suárez Fernández. Ilustradora da biografía “Alma de Violino”
    • Dna. María Xesús Nogueira Pereira. Coordinadora do libro “Escribir para quen. Relecturas posíbeis de Luisa Villalta”.
    • Dna. Montserrat Pena Presas. Coordinadora do libro “Escribir para quen. Relecturas posíbeis de Luisa Villalta”.
Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio