• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: VIII Encontro Internacional do Lixo Mariño

Vostede está aquí

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: VIII Encontro Internacional do Lixo Mariño
Prazas limitadas!
Data
sábado, 5 Outubro, 2024 a domingo, 6 Outubro, 2024
Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
  • Local de RetoqueRetro: Rúa Santo Tomás, n° 80 (A Coruña).
Organiza
  • Mar de Fábula.
  • RetoqueRetro.
  • CEIDA.
Colabora

Deputación da Coruña. Programa 'Para unha Transición Ecolóxica'.

Obxectivos

Oitava edición do encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática. O encontro inclúe unha visita ao local do grupo artístico RetoqueRetro para coñecer o seu traballo de arte con lixo mariño.

Dirixido a

Todos os públicos.

Programa

Sábado 5 de outubro: Conferencias no CEIDA - Castelo de Santa Cruz

  • 10.00 h. Inauguración.
  • 10.15 h. Conferencia Marco: Contaminación Mariña. D. Manuel Arias Ballesteros. Instituto de Ciencias del Mar. Centro Superior de Investigaciones Científicas. España.
  • 11.00 h. Proxecto ENTRE CREBAS: Limpeza mensual do lixo mariño nas praia das Lapas durante un ano. Asociación Mar de Fábula e Centro de Inserción Social da Coruña. España.
  • 11.30 h. Descanso
  • 12.00 - 13.30 h. Bloque I: Experiencias de Traballo pola Saúde dos nosos Océanos:
    • Unha comunidade que protexe o océano. Dna. María Ballesteros Rivas. Surfrider. España.
    • Descontaminar é restaurar. Brigadas do Mar. Portugal.
    • O Mar é unha boa escola: obradoiros de verán. Dna. Ana Pêgo. Plasticus Marítimus. Portugal.
    • Surfistas Vixiantes do Mar, ciencia a pé de praia. Dna. Laura Miralles López. Universidade de Oviedo. España.
  • 16.30 - 18.00 h. Bloque II: Experiencias de Traballo pola Saúde dos nosos Océanos:
    • Limpando os fondos mariños. Buceo Galicia. España.
    • Un percorrido polo lixo mariño peninsular. Dna. Patricia Reina Toresano e D. Fernando Gómez Soria. Asociación Vivir sin plásticos. España.
    • Concienciación dende a acción. Dna. Encarni Cantero. Mi Pueblo Limpio, Castro Urdiales-Cantabria. España.
    • O papel das confrarías de pescadores na recollida de lixo mariño. Dna. Rita Pesqueira Portas. Ardora Formación y Servicios, Sociedade Cooperativa Galega. España.

Domingo 6 de outubro: 12.30 h. Visita guiada ao local de Retoqueretro

Inscrición
  • Actividades de balde.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio