Deputación da Coruña. Programa 'Para unha Transición Ecolóxica'.
Oitava edición do encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática. O encontro inclúe unha visita ao local do grupo artístico RetoqueRetro para coñecer o seu traballo de arte con lixo mariño.
Todos os públicos.
Sábado 5 de outubro: Conferencias no CEIDA - Castelo de Santa Cruz
Domingo 6 de outubro: 12.30 h. Visita guiada ao local de Retoqueretro
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org